Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 27 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño contará en menos de tres anos con novo auditorio municipal

O concello do Porriño responde á demanda veciñal cun ambicioso proxecto cultural

Un dos proxectos máis agardados pola veciñanza porriñesa está xa en marcha: a construción dun novo auditorio municipal. Este proxecto, considerado unha das principais demandas culturais da localidade, ven dar resposta ás necesidades de contar cun espazo axeitado para a cultura, o ocio e o entretemento.

 

“Como sempre dixen, para min é un reto que O Porriño se convirta tamén na cidade da Cultura. Temos o esencial, un tecido asociativo veciñal e cultural con iniciativa e moi dinámico, unha programación cultural anual e unha veciñanza con enormes inquedanzas, pero carecemos de instalacións propias que nos permitan localizar e visibilizar toda isto”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Necesitamos un auditorio á altura do Porriño”.

 

Para materializar este obxectivo, o Goberno Municipal dará o primeiro paso e levará a cabo a aprobación do investimento necesario para poñer en marcha este ambicioso proxecto. O novo auditorio municipal erguerase xunto ao Centro Cultural Municipal, ampliando o edificio e completando a obra coa urbanización da parcela e da rúa Fernández López, proporcionando un acceso sinxelo aos veciños. A zona proxima albergará outros importantes equipamentos culturais, como o Círculo Recreativo Cultural, o Centro Cívico e o local multiusos municipal, formando así un espazo público de calidade para toda a comunidade. O proxecto está deseñado para converterse no "centro neurálxico cultural e social da vila".

 

A inversión estimada para a construción da nova sala e a urbanización do conxunto da parcela ascende a 1.871.870 euros, e 360.000 euros están destinados á renovación da rúa Fernández López. Ademais, anticipase a necesidade dunha partida de 30.000 euros para a dirección das obras no momento da súa execución. O importe total da inversión proposta é de 2.261.870 euros.

 

“Estamos ante un investimento necesario dado que o aforo do actual auditorio resulta insuficiente para as necesidades reais da veciñanza, tendo que acudir a entidades privadas como é o Círculo Recreativo Cultural para dar cabida a algún dos eventos programados polo Concello”, sinalou o alcalde. En canto á financiación, está en proceso a negociación de convenios con axentes financiadores externos como a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Estado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR- Fondos NextGeneration EU). O Concello comprométese a aportar 900.000 euros como contribución municipal a través dun crédito extraordinario.

 

“Será unha realidade e antes de que remate esta lexislatura abrirá as súas portas, comprométome”, concluíu Alejandro Lorenzo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.