Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 11 de Marzo de 2026 a las 08:41:40 horas

Xornal21.es
Lunes, 27 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Así serán os novos Taxis de Mos

Cada titular poderá ter ata dúas licenzas e elixir entre o branco ou o gris para o seu vehículo

Mos estrea ordenaza e nova imaxe para os seus taxis

O Pleno do Concello de Mos, en sesión ordinaria do mes de novembro, aprobou esta mañá inicialmente e por maioría dos votos, a nova ordenanza dos servizos urbanos de transportes en automóbiles lixeiros no Concello de Mos.

 

 

O documento recibiu as votacións a favor do grupo de goberno e do Partido Socialista, e a abstención do BNG.

 

[Img #85375]

 

Tras desta aprobación inicial en Pleno a nova ordenanza sométese agora a exposición pública, quedando aprobada definitivamente de forma automática despois de que teña transcorrido o devandito periodo de información pública, de trinta días, para a presentación de reclamacións e suxerencias por parte dos interesados, se os houbese. De non presentarse reclamacións, quedará polo tanto aprobada de xeito definitivo.

 

Mediante a aprobación desta nova ordenanza de taxis, o Concello de Mos e a concellería de Mobilidade que dirixe a edil Julia Loureiro, promoven a adaptación da normativa municipal ao Decreto 103/2018, de 13 de setembro, e regular unha serie de aspectos en canto á titularidade do títulos habilitantes, así como os distintivos e cores dos vehículos.


Deste xeito, incorpóranse certas actualizacións respecto do documento anterior, entre os que destacan a posibilidade de contar con ata dúas licenzas de auto taxi por titular, de empregar dúas cores nos devanditos vehículos: branco e gris (sendo ata o de agora a branca a única cor posible) e a incorporación dun novo logo distintivo dos taxis do municipio.


Trátase dun deseño con motivos arlequinados, elemento recurrente e identicativo do sector do taxi que é empregado de maneira recurrente en toda a súa iconografía; ademáis de ser un elemento presente no escudo do Concello de Mos.

 

[Img #85388]


Esta nova rotulación con dimensións: 80 x 8 cm, consta de dúas fileiras do xadrezado empregado no escudo do Concello, combinando as cores amarela e vermella, cun efecto óptico que se asemella ao degradado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.