Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Jueves, 30 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño súmase ao #GivingTuesday baixo o lema `A hora de dar´

A campaña pon unha vez máis o foco na infancia e recollerá alimentos e produtos de hixiene infantil que se distribuirán dende SOS Porriño entre as familias máis vulnerables

O Concello do Porriño súmase unha vez máis ao Giving Tuesday, o movemento mundial que cada 28 de novembro promove actos de solidariedade e altruismo.

 


Seguindo as indicacións das necesidades que detectan dende os Servizos Sociais do Concello, a concellería de Educación e a OMIX do Porriño, lanzan a campaña de recollida específica de alimentos e produtos infantís de alimentación e hixiene: “A hora de dar”.


Esta proposta foi aprobada no Pleno infantil municipal, celebrado o pasado 20 de novembro, para conmemorar o Día Internacional da Infancia.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros Abel Estévez e Marcos Martínez, presentaron esta semana  o inicio da campaña no CEIP P. Antonio Palacios.


“O obxectivo é dedicar unhas datas para celebrar o feito de dar”, explicou o alcalde, “Unha vez máis a recollida centrarase en produtos infantís, alimentos e produtos de hixiene para bebés, como cueiros das tallas 4,5 e6, cremas, toalliñas, xel, colonias, tarriños de puré e froita, leite, cereais.. para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menos recursos”.


A recollida, unha vez máis, realizarase contando coa colaboración dos centros escolares, nos que se instalarán puntos de específicos de entrega.  


Dende o Concello, convidan a toda a veciñanza a participar este  28 de novembro, no que todo o mundo se une para DAR e informan de que as persoas interesadas en facer doazóns destes produtos terán de prazo ata o 11 de decembro para entregalos no punto de recollida habilitado no Pavillón Municipal do Porriño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.