GALICIA
A xente nova prepara os procesos de selección de personal a través do Xuventude Mentoring
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, saudou aos participantes nunha xornada de networking celebrada onte no Centro coordinador de información xuvenil
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a boa acollida que están a ter entre a mocidade, as empresas e as entidades os programas Xuventude Mentoring e Xuventude Mentoring na Empresa e sinalou que están a demostrar serlles útiles á xuventude para os seus inicios profesionais. Así o dixo no inicio dunha nova xornada de networking dirixida aos participantes na cuarta edición do Xuventude Mentoring, que se celebrou no Centro coordinador de información xuvenil.
Esta actividade formativa de seis horas de duración desenvolveuse en dúas sesións, unha primeira teórica que xa tivo lugar e a desta mañá, de contido máis práctico. Ambas as dúas, protagonizadas polo impulsor de talento Josiño Pérez e a responsable de Relacións Humanas de Galchimia, Antía Blanco. Os participantes aprenderon a realizar unha estratexia de carreira profesional e enfrontáronse á experiencia de pasar un proceso de selección.
Os obxectivos desta sesión foron que os participantes obtiveran unha idea clara de como as empresas enfocan a captación de talento, coñeceran as fases polas que pasa un proceso de selección, descubriran ferramentas e consellos facilmente aplicables nestes procesos e gañaran seguridade á hora de enfrontar a procura de emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149