Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Acto de entrega de novos carnés aos voluntarios de Protección Civil no Porriño

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde, Alejandro Lorenzo, entregaron as acreditacións no marco do proceso de regularización a 37 voluntarios, 10 deles da agrupación do Porriño

O Concello do Porriño acolleu hoxe o acto de entrega dos novos carnés de voluntariado de Protección Civil, presidido pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. Xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo entregaron un total de 37 renovacións de carnés, 10 deles aos voluntarios do Porriño, 5 aos da agrupación de Salceda, 18 á do Val Miñor, 3 á de Redondela e 1 á de Moaña.


Tanto a representante autonómica como o rexedor destacaron o importante labor que realizan estas agrupacións, das que salientaron a súa vocación de servizo público.


“O papel que fai Protección Civil é insubstituíble e supón un dos grandes avances nunha sociedade que pretende avanzar e mellorar”, sinalou Ana Ortiz. A delegada tamén destacou que “nun mundo como o actual debemos ter referencias como as vosas, persoas desinteresadas, que achegades horas, esforzo, traballo e, sobre todo actitude, porque estades sempre no lugar que facedes falta dispostos a axudar”.


Pola súa banda, Alejandro Lorenzo, agradeceu o “traballo desinteresado destes voluntarios e voluntarias sen os cales moitas veces sería moi difícil prestar unha boa atención en momentos de emerxencia. O seu labor é esencial para o noso pobo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.