GALICIA
A Xunta reclama en Madrid abordar o novo modelo de financiamento autonómico de xeito multilateral
O vicepresidente primeiro participou esta tarde no Senado na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas, na que se tratou unha proposta de moción sobre este asunto
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou hoxe en representación da Xunta na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas no Senado que, no que se refire ao financiamento autonómico, “Galicia non quere ser máis que ninguén pero tampouco menos”.
Destacouno na súa intervención no marco do debate dunha moción sobre financiamento autonómico e a condonación da débeda, na que incidiu na necesidade de que o Goberno central convoque o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para garantir a igualdade de trato de todas as comunidades no acceso ao financiamento. A outra moción da sesión estivo relacionada coa amnistía e a unidade nacional.
Diego Calvo incidiu en que o CPFF, que non se reúne desde xullo de 2022, é o foro no que se debe debater de xeito transparente e multilateral e entre todas as comunidades asuntos esenciais que afectan á igualdade de todos os españois no acceso a servizos públicos como o financiamento autonómico.
Así, advertiu de posibles condonacións de débeda froito de decisión bilaterais que afonden nas desigualdades de territorios e premien a unhas comunidades fronte a outras e lembrou que Galicia cumpre as súas obrigas e ten un endebedamento controlado e sostible grazas a unha xestión “responsable e solvente”.
Carta ao Ministerio de Facenda e Función Pública
Estas reclamacións xa foron trasladadas por carta desde a Xunta ao Ministerio de Facenda e Función Pública. No marco do debate do financiamento autonómico, Diego Calvo engadiu que debe debaterse tamén un novo modelo de financiamento local e, por iso, nesa mesma carta se explica que ese novo sistema valore de maneira adecuada os custos da dispersión e o envellecemento, factores demográficos que condicionan a prestación de servizo de calidade nos concellos galegos.
Cómpre lembrar que mentres o Goberno non aproba o novo sistema de financiamento local, a Xunta mantén o seu compromiso coas entidades locais cun investimento récord de 602 millóns de euros en transferencias o próximo ano, 38 millóns máis que neste exercicio. Nesta contía, inclúense os 152 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local, a través do que se garante por lei desde 2011 a participación das entidades locais nos orzamentos da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149