GALICIA
Rueda anima ao alumnado galego a denunciar o acoso escolar
O presidente da Xunta asiste a presentación do novo Plan integral contra o acoso escolar no CEIP de Lourido en Poio
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou onte ao alumnado galego a denunciar calquera caso de violencia ou discriminación que observen nos seus centros educativos para facer fronte ao acoso escolar. “Todos sodes iguais, non pode haber ningún abusón, ninguén que rompa a convivencia”, explicou a un grupo de rapaces do CEIP de Lourido de Poio (Pontevedra), durante unha visita ao centro na que se presentou o novo Plan integral contra o acoso escolar que aprobou a semana pasada o Consello.
Durante a presentación, na que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o presidente resaltou a importancia de concienciar aos cativos de que o acoso escolar é un problema de toda a comunidade educativa e ao que cómpre facerlle fronte. “Pódelle tocar a calquera. Por iso, non pode haber ningún abusón e de habelo, hai que dicilo”, indicou para lembrar que unha das principais novidades do Plan é que todos os colexios, institutos galegos e centros da mocidade contarán un punto laranxa, un espazo no que poder denunciar de forma anónima os casos de acoso escolar.
Os equipos de actuación contra o bullying que hai en cada centro serán os encargados de xestionar estas denuncias. Para iso investigarán o sucedido e decidirán se é preciso ou non abrir o protocolo por acoso. De ser así, remitirán o caso á inspección educativa e falarán coas familias dos alumnos.
Outra das novidades que inclúe este Plan integral contra o acoso é que a Xunta vai habilitar un proceso para que as vítimas de bullying poidan ser derivadas con preferencia aos servizos de saúde mental tanto para o seu diagnóstico como para a intervención terapéutica que sexa precisa.
E ademais, a Xunta busca tamén actuar sobre o agresor para reverter a súa conduta. Para iso haberá intervencións psicoeducativas coa finalidade de que mude o seu comportamento.
O obxectivo do novo Plan integral contra o acoso é dotar a toda a comunidade educativa das ferramentas necesarias para previr, detectar e actuar fronte aos casos de violencia nas aulas. Deste xeito, o 100% dos centros educativos conten con recursos para loitar contra este tipo de situacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149