Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 30 de Noviembre de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Luis López presenta o programa Ponte a Zero en Gondomar

O presidente da Deputación visitou este centro para dar a coñecer os principios deste plan provincial de educación ambiental deseñado para concienciar á comunidade educativa sobre a necesidade de mellorar os datos de separación de residuos e reciclaxe na provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este xoves o novo programa Ponte a Zero, que ten como obxectivo fomentar a compostaxe e a separación de residuos en toda a provincia. Nunha visita ao CEIP Serra-Vincios de Gondomar, o mandatario provincial explicou ao alumnado e ao profesorado as liñas mestras deste proxecto de educación ambiental que centrará a súa actividade, con charlas, actividades, talleres e formación nos centros educativos da provincia e conta cun investimento por parte da Deputación de 150.000 euros.

 

O obxectivo desta iniciativa é mellorar os datos de compostaxe, reciclaxe e recollida selectiva do lixo no territorio pontevedrés. A provincia sitúase seis puntos por detrás da media galega en canto a reciclaxe, polo que é preciso concienciar á poboación local para que entenda a necesidade de separar correctamente os residuos para reducir os custes de recollida e tratamento e cumprir cos obxectivos marcados pola Unión Europea en materia de xestión de residuos.

 

Durante a visita, o presidente comentou cos estudantes de Educación Primaria deste centro de Gondomar aspectos relacionados coa compostaxe e adiantoulles as actividades que realizarán ao longo do curso académico ao abeiro deste programa. Tamén participou no obradoiro organizado nunha clase do centro educativo para dar a coñecer e divulgar o programa que contará con charlas para explicar que facer cos residuos, con xogos para descubrir como reducir a contaminación, coa creación de hortas escolares, e con numerosos experimentos para dar a coñecer como funciona un composteiro.

 

Este programa execútase en colaboración co CEIDA (Centro de Referencia para a Educación Ambiental de Galicia), un organismo co que a Deputación leva colaborando neste eido desde o ano 2017. Con todo, a novidade deste novo programa pasa por centrar os esforzos na concienciación ao conxunto da comunidade educativa, con iniciativas destinadas a estudantes desde Educación Infantil a Formación Profesional, ao profesorado e mesmo aos integrantes das asociacións de nais e pais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.