MOS
Endesa X ilumina O Castro British School con enerxía limpa
A iniciativa forma parte dun acordo global para reducir o impacto do cambio climático entre Endesa X, a filial de servizos enerxéticos de Endesa, e Globeducate, prestixioso grupo educativo ao que pertence este colexio situado en Mos (Pontevedra)
O Castro British International School, situado no municipio pontevedrés de Mos, iniciou o novo curso escolar iluminando as súas aulas con enerxía solar grazas a unha iniciativa conxunta entre Globeducate, un dos principais grupos educativos a nivel mundial e con máis de 60 colexios en todo o mundo, e Endesa X, a filial de servizos enerxéticos de Endesa.
O rendemento dos paneis solares durante estes primeiros meses de funcionamento está a resultar excelente tendo en conta as condicións climatolóxicas da zona, de modo que a planta solar produce un 30% da enerxía que necesita o centro para desenvolver a súa actividade.
Hoxe visitaron as instalacións a acaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a CEO de Globeducate e de Endesa / Endesa, coincidindo coa conmemoración do primeiro aniversario da consecución da Bandeira Verde por parte do centro educativo mosense.
Neste senso a rexedora local mosense destacou “a importancia da posta en marcha deste proxecto, que busca reducir a pegada ecolóxica, e tamén pretende concienciar a estudantes, docentes e familias sobre a importancia do medio ambiente e a sustentabilidade para que, co paso do tempo, os que hoxe son nenos e nenas e adolescentes llo transmitan ás xeracións vindeiras, construíndo e creando un Mos máis limpo e sostible e, en consecuencia, un mundo máis limpo e sostible”.
Con ese obxectivo, instaláronse en O Castro British School preto de 100 módulos fotovoltaicos, o que supón unha potencia total de 51,2 kWp e prevese que poidan producir para autoconsumo ao redor de 77 MWh/ano, representando un sólido progreso cara á sustentabilidade. Como resultado, anticípase unha redución de aproximadamente 13 toneladas de CO2 ao ano, o que se asemella á capacidade de absorción de ao redor de 81 árbores anualmente.
![[Img #85478]](https://xornal21.com/upload/images/12_2023/9171_dsc_0747.jpg)
Esta iniciativa non só permite diminuír o consumo enerxético tradicional, reducindo o impacto ambiental, senón que tamén permite concienciar á comunidade educativa da importancia de adoptar medidas que xeren un impacto real na protección do medio ambiente, tanto a nivel local como global, á vez que abre unha nova canle educacional, coa implicación e participación activa do alumnado dos colexios, que están involucrados en todas as fases do proxecto, desde a súa formulación inicial, ao deseño, execución e medición do seu impacto.
Globeducate e primeiro aniversario da Bandeira Verde
Un gran paso para a protección e coidado ambiental que o colexio británico e internacional celebra coincidindo co primeiro aniversario da consecución da Bandeira Verde, reforzando o posicionamento desta institución educativa como un centro comprometido co coidado e o respecto do planeta.
A misión dos colexios Globeducate, Shaping the World, xira entorno a cambiar o mundo, situando aos estudantes como centro deste cambio, empoderádoos para actuar hoxe e para cambiar o mañá. Por iso, o centro está a desenvolver un novo espazo, a Green Zone, onde o Eco Comité do colexio, integrado por uns 25 alumnos de entre 7 e 17 anos, liderará a creación dun horto, a plantación de árbores froiteiras autóctonas, así como a construción dun hotel de insectos e unha composteira.
Así mesmo, este espazo será empregado para as actividades vinculadas co exclusivo programa de aprendizaxe ao aire libre dos Globeducate British International Schools, “The Journey”, unha viaxe única de autodescubrimiento e superación, transversalmente integrado no plan de estudos do colexio, dirixido a desenvolver habilidades crave para que os estudantes poidan facer fronte con éxito aos retos e desafíos do século XXI.
“The Journey” senta ademais as bases do prestixioso programa internacional Duque de Edimburgo, sendo O Castro British International School o único colexio da provincia en ofrecelo.
Para levar a cabo este programa, dirixido a alumnos maiores de 14 anos, o colexio conta tamén co respaldo do goberno municipal, xa os estudantes do Duque de Edimburgo empezarán a realizar as súas expedicións nos montes do termo municipal de Mos, unha contorna natural envexable.
Así mesmo, no marco do programa de voluntariado deste premio internacional, os estudantes colaborarán no acondicionamento da granxa-escola, Aldea de Alfacuca (na parroquia de Louredo), de titularidade municipal, e asumirán a preparación e mantemento dos roteiros de sendeirismo do concello que discorren pola contorna do centro educativo, situado xunto ao Alto de San Cosme.
Reducir o cambio climático con máis de 2.000 placas fotovoltaicas
O acordo global conta coa colocación de máis de 2.040 módulos fotovoltaicos en escolas de Globeducate situadas, ademais de Galicia, en Cataluña, a Comunidade Valenciana, as illas Baleares, Andalucía e a Comunidad de Madrid.
Suman unha potencia total de 1,1 MWp e prevese que poidan producir para autoconsumo ao redor de 1.200 MWh/ano. Isto permitirá cubrir un 30 % das necesidades enerxéticas que ten o grupo educativo nestes edificios e avanzar firmemente no seu camiño cara á sustentabilidade, xa que se conseguirá reducir a pegada de carbono en 293 toneladas de CO2 anuais, o equivalente á capacidade de absorción de 1.755 árbores/ano.
O desafío de instalar paneis solares nos colexios xurdiu da comunidade estudantil de Globeducate, liderada polos Eco Comités do programa Eco Escolas de cada colexio, conscientes da importancia de achegar o seu gran de area neste gran reto que supón frear o impacto do cambio climático no noso planeta. E é que o ano pasado oito dos doce colexios Globeducate de España e Andorra recolleron oficialmente a bandeira verde da sustentabilidade que outorga ADEAC (a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), un recoñecemento a todo o traballo de concienciación ambiental levado a cabo tanto dentro como fóra das aulas por parte das comunidades educativas dos colexios, que pechou con brillantez tres anos de traballo dentro das Eco Escolas, o programa máis grande a nivel mundial que traballa pola sustentabilidade no ámbito educativo.
“A obtención deste distintivo supuxo todo un aliciente para seguir traballando polo coidado do medio ambiente e a sustentabilidade da nosa contorna. A instalación de paneis solares que se levou a cabo con Endesa X é un exemplo diso”, destacaron os representantes de O Castro British School.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120