PROVINCIA
Arranca a programación de Nadal da Deputación de Pontevedra co acendido do alumeado
Co lema “No Nadal, tendamos pontes de agarimo, respecto e solidariedade” o goberno de Luis López ten deseñado unha ampla axenda de actividades con dúas sedes centrais: o Museo de Pontevedra e o Castelo de Soutomaior
Chega o Nadal á Deputación de Pontevedra co acendido simultáneo do alumeado das súas sedes e unha chocolatada aberta á cidadanía no Pazo Provincial este venres ás 19:00 horas. Así o confirmou o presidente provincial Luis López quen aproveitou a rolda de prensa previa á Xunta de Goberno para avanzar a ampla axenda de actividades da institución para estas datas e que, co lema “No Nadal, tendamos pontes de agarimo, respecto e solidariedade”, terá ao Museo de Pontevedra e ao Castelo de Soutomaior como escenarios principais. “Queremos espallar, dende hoxe mesmo, os nosos mellores desexos para toda a cidadanía de Pontevedra e compartir momentos únicos coas familias da nosa provincia”, asegurou o presidente.
Ademais do alumeado e da chocolatada coa que a Deputación de Pontevedra dá inicio ás actividades, o goberno de Luis López preparou un completo programa de Nadal que inclúe visitas teatralizadas, vídeo mapping e un xogo de escapismo no Castelo de Soutomaior e exposicións, un ciclo de cinema infantil, recitais e un obradoiro de ilustración no Museo de Pontevedra. “Unha programación ampla, para todos os públicos, coa que no Nadal -explicou o presidente- tendemos pontes de agarimo, respecto e solidariedade e coa que construímos momentos de felicidade, o noso obxectivo sempre pero máis, se cabe, nestas datas que veñen por diante”.
Alumeado de Nadal
Luis López detallou que serán preto de 250.000 as luces que alumearán as edificacións que a Deputación ten na provincia dende este venres. O Pazo Provincial lucirá cortinas luminosas, tiras led nos arcos da fachada e rosetóns, do mesmo xeito que o fará o Edificio Administrativo. Ademais iluminaranse os xardíns do exterior do Pazo con cordóns de luces sobre as ramas do magnolio e grilandas de cor branca nas árbores que limitan coa Avenida de Montero Ríos. Pola súa banda, o Palacete das Mendoza contará con cortinas luminosas e con cordón led na árbore-escultura da fachada principal e o Centro Príncipe Felipe contará con estruturas luminosas con forma de árbore e leds nos elementos vexetais existentes, así como estrelas e copos de neve luminosos.
O Museo de Pontevedra tamén contará con decoración e luces de Nadal. No exterior do Edificio Castelao iluminaranse as árbores, a zona acristalada tanto da fachada principal como dos espazos interiores e o xardín inglés. Ademais iluminarase o claustro do Edificio Sarmiento e decorarase o interior do Edificio Fernández López.
En canto a Vigo, a sede de Eduardo Chao contará con cortinas luminosas led na súa contorna e cono luminoso tipo árbore con motivos de Nadal na entrada do edificio. Ademais os castelos de Soutomaior e Sobroso tamén se encherán de luz polo Nadal. As torres de homenaxe de ambos recintos, así como a do Conde de Soutomaior contarán con cortinas luminosas led. No caso deste último castelo tamén se alumeará a Galería de Damas, a muralla exterior, a construción principal e os seus xardíns.
Programación de Nadal no Castelo de Soutomaior
Ademais das visitas teatralizadas, que terán lugar os días 6,7, 8, 9 e 10 de decembro ás 11:30 e ás 16.30 horas con 30 prazas por quenda, este ano, tal e como explicou o presidente Luis López, súmanse dúas grandes novidades á programación de Nadal do Castelo de Soutomaior: un espectáculo de vídeo mapping e un xogo de escapismo.
En canto ao vídeo mapping será un espectáculo gratuíto de luz e son proxectado na Torre da Homenaxe do Castelo. Terá unha duración de seis minutos e haberá pases continuos desde o atardecer ata as 21:00 horas. A cidadanía interesada en gozar deste vídeo mapping poderao facer, de xeito gratuíto, entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro, exceptuando os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro que coinciden coas datas de peche do Castelo de Soutomaior.
No que respecta ao xogo de escapismo, aberto a maiores de 8 anos, trátase de “vivir en primeira persoa o asedio ao Castelo de Soutomaior”. Para elo, tal e como informou o presidente, os participantes, nun tempo máximo de 60 minutos, terán que resolver probas e pistas en grupos para axudar a Pedro Madruga a parar aos Irmandiños. A actividade terá lugar os días 21,22, 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro e os días 3 e 4 de xaneiro, con 6 pases ao día dende as 11 ata as 14 horas e dende as 16 ás 19 horas.
Tanto para participar nas visitas teatralizadas como no xogo de escapismo será preciso adquirir a entrada (8€), a partir desta mesma tarde, en www.castelodesoutomaior.com.
Programación de Nadal no Museo de Pontevedra
No Museo de Pontevedra o programa inclúe, segundo explicou o presidente Luis López, “unha intensa axenda de actividades con exposicións, recitais de música e danza, cinema e obradoiros de ilustración. Todo de balde”.
No caso das exposicións estarán activas dúas durante o Nadal: “Campo de sementes 2”, a obra plástica de profesorado e ex alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra comisariada por Xosé Manuel Buxán e que se pode visitar ata o 28 de xaneiro, e “Mar e a pantasma das treboadas”, aberta ata o 7 de xaneiro e que inclúe as doce ilustracións orixinais que realizou Xavier Magalhães para o libro escrito por Clara do Roxo.
Esta oferta expositiva completarase con tres recitais: a III Gala de Lírica, con alumnado do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra (12 de decembro ás 18:30 horas), o concerto de Nadal do alumnado da Academia Gaia de Pontevedra (15 de decembro ás 18:00 horas) e o recital de danza clásica do alumnado de Vaganova de Pontevedra (23 de decembro ás 18:30 horas).
Tamén haberá un ciclo de cinema infantil centrado na animación feita en Galicia. Este ciclo será os xoves e venres de Nadal (21, 22, 28 e 29 de decembro e 4 e 5 de xaneiro) ás 18:00 horas e a través del as familias poderán desfrutar do talento galego con filmes como “O Bosque animado”, “Donkey Xote” ou “A Galiña Turuleca”.
Ademais, completará a oferta de Nadal do Museo de Pontevedra unha serie de obradoiros de ilustración para cativos de entre 6 e 10 anos. Baixo o título “Ilustrando un pasado mítico” os nenos aprenderán a realizar ilustracións sobre a lenda mitolóxica da fundación de Pontevedra. Ofertaranse 15 prazas para cada día e os obradoiros terán lugar do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro de 11:30 a 13:00 horas. Ao igual que todas as actividades do Museo será de balde pero, neste caso, é preciso realizar unha inscrición previa, a partir do 12 de decembro ás 9:00 horas, en reservas.museo@depo.gal indicando o nome e apelidos da nena ou neno, a súa idade e o teléfono de contacto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163