Galicia
A Xunta lembra que as peaxes da AP-9 son das máis caras de España por decisións do Partido Socialista
Os ministros socialistas José Blanco e José Luis Ábalos autorizaron subas extraordinarias de tarifas acumulativas durante 20 anos para pagar as obras de ampliación da AP-9 a través dun acordo que resultou ser un negocio redondo para Audasa e ruinoso para os galegos. O Consello Consultivo de Galicia considera nulos de pleno dereito eses acordos do Partido Socialista con Audasa, nos que o Consello Galego da Competencia mesmo ve posibles “axudas de Estado”.
Igualmente, o acordo asinado polo PSdeG na Xunta e o PSOE no Goberno de España para a liberación da peaxe de Rande e A Barcala provocou, segundo declarou o Consello de Estado, un “enriquecemento inxusto” de Audasa en contra do interese xeral. O acordo entre a Xunta e Goberno presidido por Mariano Rajoy fixo posible que os galegos deixasen de pagar ese enriquecemento inxusto para Audasa, aforrando 400 M€.
A pesar de todos os informes de diferentes institución públicas que cuestionan a lexitimidade dos acordos do Estado con Audasa, o Goberno socialista de España se nega a revisalos e carga contra os recursos públicos de todos os cidadáns os esforzos necesarios para mitigar unhas peaxes inasumibles polos usuarios frecuentes.
A Xunta convida ao Partido Socialista en Galicia e en España a virar o rumbo e defender por unha vez con máis enerxía o interese xeral e o interese dos galegos que os interese de Audasa, xusto o contrario do que vén facendo ata agora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149