Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 16:14:28 horas

Xornal21.es
Jueves, 07 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño abre o prazo para inscribirse no campamento de nadal

A actividade dará comezo o 22 de decembro e desenvolverase en horario de mañá

[Img #85542]O vindeiro 22 de decembro comezará o Campamento de Nadal organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ambos inclusive. Tendo preferencia os empadroados no Porriño.


Esta actividade terá lugar os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023 e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024, en horario de mañá de 9 h a 14 h.


As inscricións poderán facerse presencialmente por rexistro ou por sede electrónica. O prazo abriuse hoxe luns e rematará o 12 de decembro ás 9 h.


A listaxe de admitidos e admitidas publicarase na páxina web do Concello. Máximo 50 participantes. Seguirase a orde de inscrición, previa baremación das solicitudes que acrediten a concorrencia de algunha circunstancia computable.


O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do pavillón municipal no horario indicado. Os rapaces e rapazas deberán levar roupa cómoda, calzado cómodo e outro de reposto para poder utilizar no seu caso as pistas deportivas, unha mochila co calzado de resposto, unha merenda e auga.


No caso de precisar algunha vestimenta diferente, serán as monitoras e monitores as persoas encargadas de comunícalo.


O formulario de inscrición pode descargarse da páxina web municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.