Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:12:52 horas

Xornal21.es
Sábado, 09 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño busca o mellor deseño de iluminación en escaparates e vivendas

Con este concurso dende o Concello queren promover a participación activa da veciñanza e tamén visibilizar e apoiar ao seu comercio local

[Img #85544]Xa está a piques de chegar o Nadal e O Porriño prepárase para festexalo por todo o alto con múltiples actividades. Unha delas, o Concurso de iluminación e deseño dos escaparates de Nadal nos establecementos comerciais e tamén nas vivendas do Porriño.


Con este concurso dende o Concello queren promover a participación activa da veciñanza e tamén visibilizar e apoiar ao seu comercio local, conseguindo unha colaboración máis completa para infundir un ambiente navideño decorativo. Todo isto, baseado en valores como o traballo en común e a cooperación.


As bases que rexerán o concurso xa se publicaron. Poderán participar vivendas e establecementos comerciais, hostaleiros e outros negocios empresariais que conten con establecemento físico e aberto ao público. Todos eles do Porriño.


No caso de establecementos comerciais valorarase o escaparate e/ou fachada. No caso das vivendas a decoración exterior.


A decoración deberá realizarse antes do 11 de decembro  e deberá permanecer instalada ata o 7 de xaneiro. Así mesmo, entre o 11 e o 14 de decembro todos os participantes deberán enviar fotos ou vídeos da súa montaxe á dirección de correo electrónico rexistro@oporrino.org.


Haberá dúas categorías de participación, a de establecementos comerciais e a de vivendas. A dirixida a establecementos comerciais terá tres premios un primeiro de 1000 euros, un segundo de 750 e un terceiro de 500. No caso das vivendas os primeiro premio estará dotado de 500 euros, o segundo de 350 e o terceiro 250.


Os premiados serán elexidos polo voto ponderado dun xurado e tamén da votación popular que se efectuará a través das redes sociais do Concello do Porriño.


A inscripción xa está aberta e pode formalizarse por rexistro ou mediante o envío do formulario ao seguinte correo electrónico: rexistro@oporrino.org. As bases poden consultarse na páxina web municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.