GALICIA
A nova Lei de Artesanía de Galicia impulsará o sector como unha actividade sustentable
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pechou o debate para a aprobación da norma, que está adaptada á nova realidade do sector e que ao mesmo tempo promove a súa importancia social e cultural
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pechaba o pasado luns no Parlamento o debate para a aprobación da Lei de Artesanía de Galicia, subliñando que esta norma permitirá impulsar o sector como unha actividade económica contemporánea, sustentable e xeradora de emprego vinculado ao territorio.
Tal e como apuntou Lorenzana, esta norma crea un marco xurídico adaptado á nova realidade do sector artesán galego, mantendo e promovendo a súa importancia social, cultural, identitaria e económica e incrementando a súa profesionalización e competitividade, apostando por un sector forte e perdurable no tempo.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación fixo fincapé en que a norma nace con vocación de gran acordo, representando ao sector e dando resposta ás súas necesidades, coa participación da sociedade e das organizacións de profesionais na súa elaboración.
Lorenzana avogou pola protección da Artesanía de Galicia nas súas diferentes manifestacións, así como por manter canles de cooperación e colaboración entre o sector e os poderes públicos, asegurar a súa pervivencia, potenciar a súa expansión e comercialización, impulsar a súa profesionalización e consolidar a remuda xeracional integrando novos talentos.
A nova Lei, que se centra na ordenación, promoción, fomento, modernización e profesionalización da Artesanía de Galicia, inclúe o recoñecemento oficial de Mestra artesá e Mestre artesán, con dous tipos de distinción: profesional e divulgativo.
Tamén se crean os puntos de especial interese artesanal, relacionados coa especial vinculación da actividade artesanal ao territorio e a súa contribución ao desenvolvemento do medio rural. Distínguense dúas modalidades: zona de especial interese artesanal e obradoiro de especial interese artesanal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149