GALICIA
R amplía a súa cobertura de banda larga no rural
A opción de Internet rural de R permite dotar de alta velocidade con 5G e wifi 6 preto de 300.000 fogares dispersos pola difícil orografía galega
Dende o ano pasado, R está a lles ofrecer aos seus clientes con grande éxito a súa solución de ‘Internet rural’ 5G, (a través do mambo Axiña) para cubrir arredor de 300.000 inmobles que en Galicia, polas dificultades da orografía das súas contornas, non poden ter acceso á fibra óptica.
Este servizo innovador permite solucionar o problema da dispersión e da orografía en poboacións de zonas remotas e ofrecer aos/ás clientes/as Internet de alta velocidade, para que gocen tamén alí de todos os seus servizos cun elevado nivel de calidade.
Nos últimos meses, R ampliou a súa cobertura de alta velocidade con ‘Internet rural’ en 76 novos concellos, e así, os/as habitantes destas zonas nun total de 224 municipios galegos das catro provincias teñen xa accesos de alta velocidade e a posibilidade, por exemplo, de conectar diversos dispositivos á vez nos seus fogares e empresas, traballar de xeito remoto ou gozar dos seus contidos de televisión coa mellor calidade.
R, pioneira coa súa solución converxente 5G fixo e móbil en Galicia
O servizo ‘Internet rural’ fai de R o primeiro operador que dota dunha solución 5G converxente fixo e móbil a clientes/as sen fibra en Galicia. O obxectivo é levar esta proposta á maior parte de inmobles diseminados pola nosa xeografía en zonas de difícil acceso. Na actualidade, o 90 % da poboación galega dispón de cobertura 5G de R e está preparada para facer uso desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración.
Coa ampliación do novo servizo de ‘Internet rural’ neses 76 novos municipios, un total de 224 concellos galegos dispoñen xa da solución de R, que lles permite aos seus habitantes navegaren a altas velocidades, como o fan en 1,7 millóns de fogares cubertos por R con fibra óptica de última xeración.
De feito, o operador galego leva 25 anos despregando fibra, rúa a rúa, no territorio, para dotar a comunidade das mellores infraestruturas de telecomunicacións e situala á vangarda europea e internacional en condicións de competir coas rexións máis avanzadas do mundo a calquera nivel.
Wifi 6 e 5G para minimizar a fenda dixital en Galicia
A nova solución de Internet rural de R fundaméntase, por unha banda, na tecnoloxía 5G, cun router que permite conseguir velocidades de ata 150 megas, e, pola outra, no sistema wifi 6, que facilita, por exemplo, unha experiencia multidispositivo excelente para conectar á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra (latencia=tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo en liña).
Cando nos próximos meses R complete a extensión de ‘Internet rural’ en zonas de difícil acceso poderase dispor das vantaxes da alta velocidade e das novas tecnoloxías na práctica totalidade de Galicia, coa conseguinte redución da fenda dixital na comunidade.
A fibra de Rede Aberta, tamén con R no rural galego
Para ampliar aínda máis a cobertura de banda larga en Galicia e levala a todos os recunchos da comunidade, R asinou recentemente un acordo co provedor galego grosista e neutro de telecomunicacións Rede Aberta, que desprega unha rede ultrarrápida de fibra óptica por todo o territorio. R e Rede Aberta alíñanse no seu afán de lle proporcionar ao rural de Galicia os medios necesarios para integrarse no mundo dixital e lograr que a conectividade chegue a zonas impensables ata agora.
"Estamos moi satisfeitos desta colaboración estratéxica con Rede Aberta, que despregou nos últimos tres anos a súa rede de fibra óptica en numerosos núcleos rurais de Galicia. Esta alianza permítenos ampliar a presenza dos servizos de R e chegar a máis fogares e empresas en todo o territorio, reforzando o noso compromiso coa transformación dixital da nosa sociedade.
Xuntos/as estamos preparados/as para impulsar o futuro das comunicacións en Galicia”, asegura Alfredo Ramos, Director de R
Pere Antentas, Director Xeral de Rede Aberta, subliña a importancia do acordo entre dous operadores de referencia en Galicia; en telecomunicacións e en infraestruturas do rural, respectivamente: “Con este acordo, as aldeas do ámbito rural gozarán dos servizos de R tal cal o fan na Coruña e en Vigo. É o acordo de dúas empresas que falan e pensan en galego: un río de prosperidade económica para o rural”.
En total, 200.000 inmobles de zonas rurais en 278 núcleos de poboación de 86 concellos e nas 4 provincias galegas poderán gozar dende agora dos servizos avanzados de telecomunicacións de R grazas á fibra óptica de Rede Aberta.
“Esta colaboración -conclúe Ramos- vén sumar un volume importante de fogares e negocios con fibra que se engaden aos da despregadura propia de R xunto á achega de ‘Internet rural’, o noso servizo de banda larga de calidade con 5G e wifi 6 que lanzamos o ano pasado”.
Ademais, Rede Aberta resultou adxudicataria recentemente do Plan Único Banda Larga 2023 para as provincias da Coruña e Pontevedra. Isto suporá levar a fibra óptica do provedor galego a aproximadamente outros 30.000 inmobles, o cal anuncia tamén que a súa alianza con R ten aínda percorrido nun futuro inmediato.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184