Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Jueves, 07 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación ten aberto o proceso para contratar o Plan Estratéxico de Turismo 2024-2027

As empresas poderán presentar ata o luns, 11 de decembro, as ofertas para optar á redacción deste plan que, cun orzamento de 75.000€ e un prazo máximo de seis meses, permitirá avanzar na consolidación da provincia como Destino Turístico Intelixente

A Deputación de Pontevedra ten aberto o proceso para a contratación do novo Plan Estratéxico de Turismo que rexerá as liñas mestras de actuación no destino Rías Baixas no horizonte temporal 2024-2027. O documento, para cuxa elaboración a institución provincial reserva unha inxección de 75.000€, situará aos concellos da provincia como protagonistas da estratexia de promoción turística e afondará na consolidación de Pontevedra como Destino Turístico Intelixente (DTI). As empresas terán ata o luns 11 de decembro para presentar as súas ofertas e optar, así, á elaboración deste plan no que todos os axentes turísticos da provincia serán parte activa.

 

 

A nova folla de ruta turística da Deputación partirá da base da innovación para adecuarse ás demandas das persoas viaxeiras do século XXI, máis activas, prescritoras e ávidas por vivir experiencias únicas e descubrir lugares onde coñecer as raíces da sociedade local. Por iso, o documento deberá ter en conta o traballo de Turismo Rías Baixas para potenciar os seus atributos e recursos, situando a provincia como un territorio cunha identidade propia e unha autenticidade moi demandadas polos turistas. Ademais, tamén partirá da premisa de que o público está cada vez máis informado e é máis esixente e especializado, así como da alta competitividade e aparición de novos destinos.

 

A empresa que resulte adxudicataria terá un máximo de seis meses para a elaboración do documento, que comprenderá a planificación, a elaboración e a redacción das tarefas e actividades imprescindibles para o Plan Estratéxico de Turismo 2024-2027. Na liña do seu axuste ás normas que rexen os DTI, deberá ter en conta os cinco eixos fundamentais nos que estes se sustentan: gobernanza, innovación, tecnoloxía, accesibilidade universal e sostibilidade.

 

Deste xeito o documento deberá comezar cunha análise estratéxica do destino, onde se recollerán as súas características, recursos de primeira orde, análise da oferta e demanda, así como as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do destino. Continuará cun diagnóstico de cara á formulación estratéxica e recollerá os alicerces sobre os que se sustentará a estratexia do destino Rías Baixas, definindo metas alcanzables e un sistema de xestión. Finalmente, o Plan Estratéxico de Turismo incluirá un plan de acción para os seus anos de vixencia, un mapa de riscos e oportunidades, un cadro de mando, un cronograma e, entre outras cuestións, unha proposta de contidos para o plan de comunicación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.