Mos
Avanza a bo ritmo o Plan Hurbe na Contorna da Capela de San Eleuterio en Mos
O proxecto de humanización, iniciado a finais de agosto, transformará a zona nun gran San Eleuterio
O Plan Hurbe na contorna da Capela de San Eleuterio, impulsado polo Concello de Mos en colaboración coa Xunta de Galicia, está a avanzar a bo ritmo, segundo informaron a alcaldesa Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa Camilo Grandal e o concelleiro de Urbanismo José Ramilo, durante a súa visita ás obras nos últimos días.
O proxecto, que comezou a ser realidade a finais de agosto, contempla a transformación da contorna de San Eleuterio nun espazo público de calidade, dando prioridade total aos peóns sobre os vehículos. As obras, que están a ser financiadas nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello, teñen un investimento total de 1,03 millóns de euros.
Durante a visita, os representantes municipais destacaron que os traballos xa completaron a excavación necesaria para o muro de contención proxectado para o torreiro. Ademais, realizouse a execución da zapata do muro, a colocación da armadura e o formigonado da zapata. O replanteo de cotas e niveis, xunto coa instalación de servizos como o abastecemento de auga e rego, tamén están en marcha.
O proxecto inclúe a demolición de elementos necesarios e a retirada de postes na zona do talud onde se ubicará o muro de contención do torreiro. A transformación da contorna busca poñer en valor elementos culturais como a ermida de San Eleuterio e o cruceiro, ademais de dotar á zona de zonas verdes e mobiliario urbano renovado.
Co Plan Hurbe, Mos está a consolidar a súa colaboración estreita coa Xunta para mellorar espazos públicos no municipio. Desde o inicio desta iniciativa en 2019, xase levaron a cabo outras actuacións, incluíndo a mellora da contorna da Casa Consistorial, a urbanización de San Eleuterio, e a humanización da contorna parroquial de San Mamede. Actualmente, tamén está en marcha a mellora integral da urbanización de San Rafael.
O investimento total nestas actuacións ascende a 2,8 millóns de euros, contribuíndo a mellorar as contornas públicas e humanizar rúas e prazas en Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.70