Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Martes, 12 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mouriscade xa é a quinta mellor granxa de España en calidade xenética

A explotación gandeira dependente da Deputación de Pontevedra segue escalando postos no índice combinado ICO polo seu programa de mellora xenética e a súa eficiencia

A granxa da Finca Mouriscade mantén a súa imparable escalada e xa é a quinta mellor explotación gandeira de toda España. En menos de tres anos, a gandería dependente da Deputación de Pontevedra pasou do posto número 35 ao 5 no índice combinado ICO, que avalía a calidade xenética dos animais. Unha clasificación que apuntala ao centro como unha referencia no sector agrogandeiro a nivel nacional.

 

 

Esta nova subida no ranking confirma que as tenreiras que naceron en Mouriscade a partir dos últimos embrións e o traballo realizado polos profesionais do laboratorio están a contribuir de xeito decisivo á mellora xenética da gandería e como consecuencia á mellora da eficiencia produtiva das ganderías da provincia.

 

A granxa debutou nesta clasificación que elabora a Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) no posto 35, o pasado ano subiu ata o 12 e pechará este 2023 na quinta posición, só por detrás de dúas ganderías barcelonesas (primeira e cuarta), unha coruñesa (terceira) e a lalinense G. B. Gandería (segunda).

 

A calidade da gandería de Mouriscade está a evolucionar de forma continua desde a posta en marcha do plan de revitalización para consolidar a Finca como referencia internacional e conta con varias reses entre as mellor puntuadas do Estado. O obxectivo do goberno provincial é o de seguir crecendo e consolidar a  Mouriscade como un gran referente entre as ganderías con maior calidade xenética de España.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.