Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Domingo, 10 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 150 persoas participan esta semana no programa “Depotermal”

Veciños da Estrada, As Neves, Baiona, Cuntis, Gondomar, Marín, Moaña, Mos Nigrán, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Tomiño, Tui e Vigo desfrutarán dunha estancia de seis días no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Hotel Carlos I Silgar no programa provincial de termalismo social

Dende este domingo e ata o vindeiro venres 15 de decembro, preto de 150 persoas maiores de 50 anos de 18 concellos da provincia poderán desfrutar dunha estancia no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Hotel Carlos I grazas ao programa “Depotermal”, organizado pola Deputación de Pontevedra. Durante a súa estancia poderán desfrutar de  tratamentos de barros quentes, sesións monitorizadas de activación muscular e articular, sauna e ducha circular, entre outros.

 

No Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo aloxaranse 87 persoas dos concellos da Estrada, As Neves, Baiona, Gondomar, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Tui e Vigo. Por outra banda, o Gran Talaso de Sanxenxo acollerá a un grupo de 55 persoas procedentes da Estrada, Baiona, Cuntis, Marín, Ponteareas, Pontevedra, Salceda de Caselas, Tomiño e Vigo.

 

O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra, dirixido ás persoas maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlles aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ademais, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.

 

“Depotermal” conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. En total, son 2.447 as persoas beneficiarias, das que 664 aproveitarán a asistencia diúrna e 1.783 persoas a asistencia con aloxamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.