TUI
A nova ponte sobre o regato Cotarel sae a licitación estes días
O novo paso elevado permitirá recuperar o trazado orixinal do leito fluvial e a súa contorna
O Concello de Tui sacará a licitación nos próximos días a obra de construción dunha nova ponte sobre o río Cotarel na estrada que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis. A obra está financiada nun 75% polo Concello de Tui en un 25% pola Deputación de Pontevedra.
Con esta nova infraestrutura solucionarase o problema de comunicación na zona xa que a estrada está corta dende hai meses debido ao afundimento da estrada neste punto.
No proxecto a executar contémplase o desmontado da tubaxe metálica existente, e a execución dun novo paso elevado cun taboleiro de vigas prefabricadas sobre estribos en ambas marxes. Deste xeito recuperarase a circulación nestas estrada local e se garantirá o caudal de desaugadoiro de avenida no regato Cotarel. A actuación proxectada permitirá tamén recuperar o trazado orixinal do leito fluvial e a súa contorna.
Esta estrada leva meses cortada debido á gran focha xerada coma consecuencia do lavado do recheo que socavou o terreo. No seu momento instalouse un tubo metálico de sección circular e 1800 mm de diámetro, con embocadura e aletas de formigón. A limitada sección da tubaxe e a oxidación da mesma, co paso do tempo, sumado aos episodios de choivas intensas e concentradas en pouco tempo, provocou a rotura da parte inferior, o que conlevou que parte do caudal se filtrase por fóra da sección do tubo, provocando o lavado do recheo do terraplén e o afundimento da estrada neste punto.
A nova solución proposta, que se vai executar tras a adxudicación da obra, permitirá así recuperar a circulación nunha zona transitada tanto pola veciñanza de Pazos de Reis e Randufe, coma por visitantes que se achegan á senda do río Tripes, xa que neste lugar está situado un dos puntos de inicio do percorrido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8