Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

O Concello de Nigrán reforza a cooperación deportiva cos refuxiados saharauis

O Concello de Nigrán manifesta o seu compromiso concreto coa poboación saharaui a través dunha nova iniciativa que combina a cooperación solidaria e a promoción do deporte. O alcalde, Juan González, xunto con catro concelleiras, participan nunha viaxe aos campamentos de refuxiados en Alxeria, en Tindouf, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Esta delegación busca fortalecer vías de colaboración e entender de primeira man a realidade do pobo saharaui, que vive nesta situación desde 1975.

 

O rexedor destacou o compromiso de Nigrán coa causa saharaui, anunciando un posible irmandamento entre a Maratón do Sahara e a carreira popular Nigrán-Area, co obxectivo de fomentar a participación en eventos deportivos solidarios. A edil de Deportes, Sara Penedo, ofrece un obradoiro en Tindouf para mulleres interesadas en iniciarse no deporte, ademais de proporcionar adestramento persoalizado en liña para aquelas que desexen prepararse para a Maratón do Sahara, que terá lugar a finais de febreiro.

 

"A través da edil de Deportes, Sara Penedo, preguntamos se podíamos organizar algún partido e, desde o Ministerio de Xuventude e Deporte, nos pediron que realizásemos algún obradoiro para animar ás mulleres a facer exercicio porque, nese sentido, todavía hai unha fenda de xénero grande", sinalou o alcalde, destacando a importancia de abordar desigualdades de xénero no acceso ao deporte.

 

O Concello de Nigrán, nun esforzo continuo por colaborar co pobo saharaui, financia o proxecto 'Nadafa' de recollida de residuos e sensibilización ambiental nos campamentos de refuxiados saharauis desde o ano pasado. Ademais, mantén outras colaboracións, como a cesión dunha vivenda municipal para os monitores saharauis que acompañan aos nenos do programa 'Vacacións en Paz' en Galicia durante o verán.

 

O alcalde subliñou o compromiso duradeiro da comarca co pobo saharaui, destacando o programa anual 'Vacacións en Paz', que, grazas ás familias acolledoras e á financiación dos concellos, ofrece a nenos saharauis a oportunidade de pasar o verán en Galicia. O Concello de Nigrán tamén expresou o seu apoio ao dereito de autodeterminación do pobo saharaui a través dunha moción aprobada en 2022, sendo o primeiro municipio galego en facelo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.