REDONDELA
Román Rodríguez anuncia máis de 2,5 m€ en centros educativos de Redondela
O conselleiro de Educación visita o IES Pedro Floriani, un dos tres nos que se prevé actuar
A Xunta de Galicia investirá máis de 2,5M€ para levar a cabo melloras en centros educativos de Redondela. Así o anunciou esta semanao conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita ao Instituto IES Pedro Floriani, un nos que está previsto actuar xunto ao IES Mendiño e o Colexio CEIP Reboreda.
Tal e como avanzou na visita o responsable autonómico de Educación, a Xunta de Galicia publicará antes de final de ano as licitacións destas obras que permitirán “mellorar as infraestruturas para adaptalas ás novas demandas educativas e sociais” en liña co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. “Queremos que Galicia sexa o mellor lugar para formarse e por iso traballamos para que os nosos colexios e institutos sexan cada vez máis confortables e modernos”, afirmou Román Rodríguez.
A principal actuación anunciada hoxe é a ampliación do IES Pedro Floriani, un centro formado por varios edificios que ofertan distintas etapas e modalidades formativas. Neste caso, a Xunta investirá 1,9M€ para ampliar o centro en máis de 700 m2 e dotalo de novos espazos e servizos co fin de reforzar a oferta de Formación Profesional mediante a creación de novas aulas polivalentes e técnicas coa superficie axeitada. Ademais, o proxecto complétase coa substitución das cubertas do centro.
As actuacións restantes están dirixidas a facer melloras sectoriais. Así, no caso do Instituto de Mendiño, destinaranse máis de 250.000€ para dotar ao centro dunha nova caldeira de biomasa. Isto permitirá renovar a instalación de xeración de calor substituíndo a actual caldeira de calefacción de gasóleo por unha de enerxía verde. Por último, o Colexio Reboreda contará cun investimento de 320.000€ para cambiar a carpintería exterior do centro. En total cambiaranse 169 unidades o que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e o confort do edificio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122