PROVINCIA
Areeiro traballa con centros de investigación de Europa, Brasil, Israel e China para previr a Trioza nos cítricos
O insecto Trioza erytreae ou psila africana foi detectado por primeira vez na Europa continental pola Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación
A Deputación de Pontevedra a través da Estación Fitopatolóxica Areeiro está a participar no proxecto “Preventing HLB epidemics for ensuring citrus survival in Europe”, unha iniciativa do programa Horizon 2020 da Unión Europea concedido a un consorcio integrado por entidades de Europa, Brasil, Israel e China que está a traballar conxuntamente para previr a grave enfermidade que ocasiona a Trioza erytreae ou psila africana nos cítricos, coñecida como HLB. Este insecto foi detectado por primeira vez na Europa continental no ano 2014 por Areeiro que, na actualidade e no marco deste proxecto internacional, está a realizar ensaios para coñecer o seu comportamento e supervivencia e a analizar a eficacia de diferentes fungos para facerlle fronte.
Areeiro, a través dun convenio de colaboración establecido entre a Deputación o CSIC e Koppert España, é a única entidade galega que forma parte do proxecto internacional que pretende previr a introdución e/ou a dispersión da HLB. Deste xeito, e no marco desta iniciativa, Areeiro desenvolveu xa un método de cría masiva en laboratorio da psila africana para producir suficientes insectos para realizar os ensaios e para coñecer o seu comportamento en canto ao seu desenvolvemento, supervivencia, lonxevidade, parámetros reprodutivos e condicións que limitan a súa expansión. Ademais, determinou o rango de hóspedes de trioza mediante ensaios de libre elección levados a cabo en insectarios cunha selección de diferentes especies de cítricos, co obxectivo de analizar as plantas máis resistentes, e estudou a eficacia en laboratorio de diferentes fungos para facer fronte ao insecto.
Xunto ao centro da institución provincial participan outras entidades españolas como o CSIC, o Instituto Valenciano de Investigaciones Agrarias, a Universidade Politécnica de Valencia e a Generalitat Valenciana, ademais de centros de investigación de Portugal, Francia, Italia, Reino Unido e Holanda entre os que se atopan o Instituto Politécnico de Bragança, a Universidade do Algarve, o Centre de Coopération Internationale en Recherche Agronomique pour le Développement, a Università degli Studi di Catania, o Consiglio Nazionale delle Ricerche, o Consiglio per la Ricerca in Agricoltura, o centro de l'Analisi dell’economia agraria, a University of Cambridge, a Durham University e a University of Amsterdam. Ademais, tamén forman parte do consorcio entidades de Brasil como a Empresa Brasileira de Pesquisa Agropecuária ou o Fundo de Defesa da Citricultura; de Israel como o Agricultural Research Organisation-Volcani Centre; e de China como a Hunan Agricultural University, así como empresas privadas como Koppert España e AMP Biotech.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163