GALICIA
Rivo avanza que Galicia conta co marco apropiado para dispor de contornas laborais seguras e saudables
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou en Lugo as XXVI Xornadas da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou na facultade de Ciencias, do Campus de Lugo, as XXVI Xornadas da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, onde remarcou o compromiso da Xunta de Galicia coa creación de contornas de traballo seguras, saudables e sustentables, que se fai patente na nova Estratexia autonómica sobre a materia con vixencia ata 2027.
Rivo incidiu en que o novo marco nado da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo en Galicia: Horizonte 2027 está a situar como valores fundamentais das actuacións nesta materia a saúde integral das persoas traballadoras, o crecemento económico e social das empresas e o benestar laboral.
Tal e como recalcou a representante autonómica, Galicia estase a preparar para facer fronte a riscos emerxentes, como os emanados das novas tecnoloxías como a intelixencia artificial, a big data ou a Internet das cousas, entre outras.
Incidiu a conselleira tamén no compromiso para seguir a abordar e sensibilizar ante os riscos de carácter psicosocial vencellados co traballo e para minimizar os danos na saúde das persoas.
Galicia quere reducir de aquí en catro anos a sinistralidade en sectores nos que presenta maior incidencia ou que teñen carácter singular. O dos coidados, a pesca, a construción ou o forestal foron algúns dos apuntados.
A comunidade apostará, por outra banda, por unha prevención con perspectiva de xénero, apuntou a titular de Promoción do Emprego, que atenda á diversidade dos traballadores e que preste especial atención ás pemes e micropemes, maioritarias entre o noso tecido produtivo, engadiu.
A conselleira aproveitou a clausura das xornadas para felicitar á Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales polo seu 50 aniversario. Avogou pola implicación e participación activa de organizacións empresariais, axentes sociais e administracións para mellorar a xestión preventiva nos espazos de traballo e, con ela, a seguridade. Porque, como dixo Rivo, “o traballo abre as portas do benestar e o benestar é imprescindible no traballo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184