PROVINCIA
A Deputación colaborará coa construción dun novo paseo na Illa de Arousa
O presidente da Deputación de Pontevedra visitou este mércores o municipio arousano para asinar un convenio enmarcado no programa PON2030 co alcalde Luis Arosa
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este mércores o Concello da Illa de Arousa para asinar co rexedor Luis Arosa un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con case 400.000 euros, o 90 % do orzamento, o proxecto para construír unha senda peonil no Paseo Naval desta vila. O Concello, pola súa banda, achega o 10 % restante, preto duns 45.000 euros. “Son proxectos que contribúen a que a provincia vaia a máis. O proxecto deste concello, que ten unha ponte que é un dos lemas da nosa imaxe da Deputación, é outra mostra de que tendemos pontes con administracións claves como os municipios e que tendemos pontes para proporcionar servizos de máis calidade, neste caso para as veciñas e veciños da Illa de Arousa”, declarou o mandatario provincial despois de asinar o acordo.
A obra, valorada en máis de 440.000 euros, servirá para a transformación integral deste paseo, unha arteria que conecta o centro administrativo da Illa co pulmón do Monte Palmeira, cunha reurbanización que permitirá gañar espazo de calidade para os peóns, dar prioridade aos desprazamentos a pé ou en bicicleta e consolidar novas zonas de descanso no bordo marítimo e na contorna da Escola de Pau. Para conseguilo, o proxecto contempla a construción de novas beirarrúas e ampliación das existentes, a implantación dun carril bici, a reordenación das áreas de aparcamento, a supresión dunha mediana que entorpece a mobilidade, a implantación de novos elementos vexetais, a instalación de mobiliario urbano novo e a renovación dos servizos subterráneos. Unha intervención que dinamizará a actividade turística e comercial da contorna, mellorará a calidade urbana, fomentará a eficiencia enerxética e reducirá o uso dos vehículos a motor.
Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello da Illa de Arousa realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.
O presidente da Deputación aproveitou a súa primeira visita institucional a este Concello para resaltar a importancia deste tipo de proxectos “que serven para avanzar no municipalismo e que vai transformar un espazo como o Paseo Naval para dinamizar a vida económica e social da Illa de Arousa”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163