Lunes, 09 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:09:28 horas

Xornal21.es
Domingo, 17 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Deputación destina 140.000€ para o Concello da Guarda

Cos recursos da institución provincial o goberno local poderá reconstruír muros, pechar parcelas, reparar camiños e fontes, limpar colectores e arranxar os danos da cuberta da Casa dos Alonsos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 140.000€ para que o Concello da Guarda mellore infraestruturas públicas municipais. Con estes recursos da institución provincial o goberno local poderá reconstruír muros, pechar parcelas, reparar camiños e fontes, limpar colectores e arranxar os danos da cuberta da Casa dos Alonsos, a Casa do Concello. Trátanse, en palabras do presidente da Deputación Luis López, de actuacións que van contribuír “a prestar un mellor servizo público, a optimizar as infraestruturas municipais e a impulsar, en definitiva, unha mellor calidade de vida da xente da Guarda”.

 

Ao detalle, as achegas que acaba de aprobar a institución provincial permitirán reconstruír muros de contención e pechar parcelas en diferentes puntos do municipio nos que o goberno local investirá máis de 85.000€. Ademais, repararse con 21.000€ o camiño de Brandián e, con máis de 16.000€, executarse a limpeza do colector xeral da rede de saneamento do tramo Area Grande-A Ribeira.

 

Tamén está previsto no marco desta subvención provincial reparar os danos da cuberta da Casa dos Alonsos, cun investimento de 11.000€; reparar o colector xeral EDAR nun tramo do Camiño das Tomadas, con preto de 5.000 €, e a fonte da Piollosa ou Silveira, á que se destinará preto de 2.000€.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.