Miércoles, 17 de Junio de 2026

Actualizada Miércoles, 17 de Junio de 2026 a las 16:51:32 horas

Xornal21.es
Sábado, 16 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Arranca en Mos a tempada de rondallas co primeiro certame en Puxeiros

Será este domingo desde as 16.30 horas coa participación de 6 agrupacións: 2 porriñesas e as 4 mosenses

O vindeiro domingo 17 de decembro celebrarase o Certame de Rondallas do Concello de Mos desde as 16:30 h na Avda. de Puxeiros, Tameiga. A mosense é a primeira cita rondalleira deste Nadal, xa que será a primeira data na que as rondallas salan á rúa facendo a súa estrea nesta tempada navideña.

 


Para presentar o Certame déronse cita esta mañá en Puxeiros a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e representantes das rondallas participantes. A rexedora local mosense destacou neste senso “a importancia da tradición rondalleira no sur da provincia de Pontevedra en xeral e no municipio de Mos en particular, de ahí que sexa vital coidala, preservala, protexela e fomentala”, declarou. E salientou “o papel dos rondalleiros e rondalleiras, que traballan todo o ano para dar o mellor de sí nestas datas e incluso deixan a súa vida persoal e aos seus seres queridos nun segundo plano para alegrarnos a todos as festas”. Agradeceu “o seu labor, o seu bo facer, e que enchan de ledicia, espectáculo e boa música cada Nadal en Mos”.  


O Certame de Rondallas de Mos que terá lugar o domingo contará coa participación, no seguinte orde de:

 

  • Rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño)
  • Rondalla de Pontellas (O Porriño)
  • Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia (Mos)
  • Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville (Mos)
  • Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos)
  • Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos)

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.