Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 19 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina 21.000€ para completar a formación de sete mozos no estranxeiro

Estes recursos forman parte do programa Erasmus+, a iniciativa que promove a institución provincial que acaba de ser premiada a nivel estatal pola súa capacidade para facilitar a transición ao mercado laboral do alumnado de ciclos formativos de FP

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 21.000€ para completar a formación de sete alumnos da provincia no estranxeiro. Estes recursos forman parte do programa Erasmus +, unha iniciativa que impulsa a Deputación de Pontevedra para completar a formación da xuventude e que, tal e como explicou o presidente, acaba de ser premiada esta mesma semana a nivel estatal pola súa capacidade para facilitar a transición ao mercado laboral do alumnado de ciclos formativos de FP de centros educativos da provincia.

 

 

Luis López explicou que os 21.000€ irán dirixidos a sete mozos que desde outubro se atopan xa realizando prácticas en Portugal, Malta, Irlanda e Italia, e teñen por obxectivo permitirlles ampliar a súa estancia no estranxeiro ata un ano natural. Son alumnos de IES de Pontevedra (Luis Seoane), Vigo (Audiovisual e A Guía), Tui (Indalecio Pérez Tizón) e Gondomar (Terra de Turonio) que recibirán entre 2.240 e 4.880 euros para complementar gastos de aloxamento, manutención, viaxe ou transportes locais derivados da realización das prácticas laborais en empresas/institucións do estranxeiro.

 

O programa Erasmus+ da Deputación de Pontevedra enmárcase na firme aposta do goberno provincial de situar á xuventude como protagonista da acción política. “Queremos –asegurou Luis López- dotalos de ferramentas que contribúan a mellorar a súa formación e reforzar as súas competencias e, deste xeito, ter máis facilidades á hora de transitar do ámbito educativo ao laboral. Pero tamén queremos que teñan oportunidades e que estas xurdan aquí, na provincia de Pontevedra, así que agardo que tras este ano en Portugal, Malta, Irlanda e Italia, absorbendo coñecemento, regresen á provincia e poidan aplicar, aquí, todo o que aprenderon”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.