O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo expresou a súa preocupación pola decisión do Goberno local de iniciar as obras na Avenida de Samil, insistindo no que consideran unha "cementación" da praia viguesa. O BNG advirte que a presa do alcalde Abel Caballero para comezar as obras, recentemente aprobadas pola Xunta de Goberno local, podería comprometer a recuperación do areal, xa que aínda non se resolveron as alegacións formuladas polo BNG e os colectivos veciñais e ecoloxistas ao proxecto de reforma do paseo, baixo a responsabilidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO).
"Carece de sentido avanzar nesta fase do proxecto, que é competencia do Concello, sen estar definida aínda a obra de maior alcance para a reforma do paseo, que depende do Goberno español", comentou Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo. Igrexas anunciou a presentación de iniciativas no Congreso para esixir unha rectificación e reformulación do proxecto para lograr a recuperación integral do areal de Samil, dado a falta de resposta do Goberno central.
O BNG destaca a necesidade de explorar alternativas máis sostíbeis desde o punto de vista ambiental, como as implementadas con éxito na recuperación da praia do Vao, que implican substituír o paseo por un sistema de pasarelas de madeira pivotantes. O portavoz municipal do BNG rexeita a proposta do Goberno central de retroceder apenas 25 metros o actual paseo para construír un novo molote de cemento sobre a area.
"Aínda que Samil sexa unha praia urbana, o reto que temos como cidade é que deixe de ser unha praia urbanizada", subliñou Igrexas, rexeitando a idea de converter o paseo "nunha especie de rúa do Príncipe sen comercios e a pleno sol".
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217