Mos
O mosense Cristian Giráldez, protagonista da campaña “Cambiamos o Enfoque”
“Chámome Cristian, traballo como desarrollador web e son unha persoa cega. Non son a miña discapacidade, teño unha discapacidade” . Estes son os lemas cos que Cristian protagoniza unha campaña publicitaria que pretende destacar a necesidade da eliminación de prexuízos e a posta en valor das capacidades de cada individuo no mundo laboral
O mosense da parroquia de Sanguiñeda, Cristian Giráldez, protagoniza a campaña “Cambiamos o Enfoque” da Fundación Eurofirms, no marco do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 03 de decembro.
Reuniuse coa alcaldesa, Nidia Arévalo, para compartir con ela a súa experiencia, que califica de moi gratificante e interesante, e espera que lle poida traer consigo novas oportunidades laboráis e incluso futuras colaboracións cos Plans Integrados de Emprego do Concello de Mos.
Trátase dunha campaña emprendida por esta fundación e empresa de traballo temporal dirixida a Redes Sociais, espazos publicitarios, publicacións impresas e outras canles de comunicación.
A campaña “Cambiamos o Enfoque” ten por obxectivo xerar reflexión sobre o que sucede cando coñecemos a unha persoa con discapacidade por primeira vez. Cientificamente, unha persoa dedica aproximadamente 9 segundos a formarse unha primeira impresión da persoa que ten diante. En moitas ocasións, esta impresión vese influída polos prexuízos ou estereotipos, sobre todo se se trata dunha persoa con discapacidade. Que pasa se superamos os 9 segundos? De seguro que se esperamos un pouco máis darémonos conta de que, a nosa primeira impresión estaba equivocada. Ao deixar a un lado os prexuízos, aprécianse as capacidades por riba de calquera limitación, especialmente no mundo laboral.
Cristian contáballe á rexedora local mosense que esta colaboración con Eurofirms Foundation surxiu a raíz dun Plan de Emprego de AEMOS no que participou, e a través do que realizou un curso sobre Desenvolvemento Web de 3 meses de duración coa propia fundación durante o pasado verán. Á fundación gustoulle o seu perfil e entrevistárono do departamento de Comunicación e Prensa para estudar a posibilidade de que fose un dos protagonistas da campaña. Tras entrevistar a varios candidatos, decidiron que Cristian fose imaxe da campaña e viaxou a Barcelona para grabar, o que para el supuxo unha vivencia moi emocionante e gratificante, e unha grande aprendizaxe, segundo el mesmo explica.
Pola súa banda a alcaldesa, Nidia Arévalo, destacou “a gran valía persoal e profesional de Cristian, e a súa gran implicación cidadá e compromiso con Mos e coa súa veciñanza”. Ademais manifestou o “orgullo” que sinte “porque sexa Cristian o protagonista desta campaña que fomenta valores sociais tan importantes como a inclusión laboral das persoas con discapacidade, a necesidade de eliminación de prexuízos, e a posta en valor das capacidades de cada individuo, xa que as capacidades diversas aportan valores diversos e todos son construtivos, todos suman, e todos contribúen a facer un mellor traballo, máis eficaz e eficiente”, concluíu Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145