O PORRIÑO
Desde O Porriño, resoa a nova sintonía deste nadal 2023
O grupo Xeración M é o gañador do concurso 'Este Nadal canta con nós' da CRTVG. O alcalde Alejandro Lorenzo recibía no Concello aos cinco rapaces de 11 e 12 anos, alumnado da escola porriñesa Maison, creadores de 'Soará o Nadal.'
O grupo Xeración M foi proclamado gañador do concurso 'Este Nadal canta con nós' da CRTVG, e como resultado, foron recibidos no Concello do Porriño. O alcalde Alejandro Lorenzo felicitou e obsequiou aos rapaces, Javier, Antón, Fabio, Raúl, Javi e Mateo, como recoñecemento ao seu éxito. "Estes rapaces son unha mostra do talento artístico da nosa vila, e sempre terán o apoio do Concello", sinalou o rexedor.
'Soará o Nadal' é o título da canción coa que o grupo de rapaces de 11 e 12 anos, alumnos da Escola de Música e Danza Maison do Porriño, gañou o certame. Esta será a melodía coa que os medios públicos galegos felicitarán as festas en 2023, transmitíndose na TVG, na Radio Galega e nas redes sociais da CRTVG ao longo do Nadal. Dende o Concello porriñés deséxalles moito máis éxito, asegurando que a súa música soará en todos os recunchos.
O xurado, composto por Iago Pico, produtor musical de Tanxugueiras; Fernando R. Ojea, director da Área de Contidos da CRTVG; Rosa Sierra, subdirectora de Programación e Emisións da TVG; Vanessa Grela, xefa de Programación da TVG, e Tania F. Lombao, xefa de Programas da Radio Galega, destacou a calidade da peza musical e do vídeo presentado e o esforzo que hai detrás da proposta 'Soará o Nadal.'
Na presente edición, 'Este Nadal canta con nós' recibiu 33 propostas, entre as que o xurado elixiu a gañadora e cinco finalistas. Esta é a novena edición do concurso musical da CRTVG, sendo que o grupo xuvenil Kings Kids, tamén alumnos de Maison no Porriño, gañou o certame o ano pasado."

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149