Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Jueves, 21 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Maiores do Porriño cultivan a mente para previr o deterioro cognitivo

Esta semana clausurouse unha nova quenda do programa de detección precoz do alzhéimer e prevención do deterioro cognitivo organizado polo Concello do Porriño e Afaga

O Centro Sociocomunitario do Porriño acolleu a última sesión do programa de prevención do deterioro cognitivo “Cultiva a mente”, organizado polo Concello do Porriño e Afaga.

 

13 persoas maiores de 55 anos participaron destas xornadas dirixidas, non só a previr a demencia, senón tamén á súa detección precoz e á promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.  Da man dunha psicóloga con formación específica no desenvolvemento e execución de plans de prevención do deterioro cognitivo, abordaron diferentes cuestión como o envellecemento activo, a promoción das relacións sociais e prevención da soidade, a independencia e autonomía, a memoria, a atención e a orientación, entre outros.

 

Hoxe recibiron un diploma acreditativo da man do alcalde, Alejandro Lorenzo, que os visitou acompañado polo presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, e concelleira de Política Social, Teresa Veloso.

 

“Tal e como me transmitiron, esta actividade foi moi enriquecedora para eles e elas e teñen o meu compromiso de que daremos continuidade a esta e outras iniciativas que permitan aos nosos maiores socializar e tamén disfrutar desta etapa da súa vida”, explicou o rexedor, “Ademais, por suposto de dotalos das ferramentas necesarias para previr e detectar os primeiros sinais de demencia. Para iso non podemos contar cunha colaboración mellor que a de Afaga, que leva anos realizando un traballo inconmesurable na atención ás persoas con Alzhéimer e outras demencias”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.