Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os empresarios do Porriño dan unha nova mostra da súa solidariedade

175 lotes de produtos de Nadal doados pola asociación de empresarios de A Granxa e por Ceamsa, xunto cos 75 que suma o Concello do Porriño, distribuiranse entre as familias máis necesitadas do municipo a través do programa municipal de alimentos SOS Porriño

O tecido empresarial do Porriño dá unha nova mostra da súa implicación social, colaborando como cada ano co programa municipal de alimentos.

 

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, recibiron hoxe a doazón de 175 lotes de Nadal da man de representantes da asociación de empresarios de A Granxa, que aportou 50 lotes, e da empresa Ceamsa, que sumou 125. Xunto cos 75 que aportará o Concello do Porriño serán repartidos entre as familias usuarias deste servizo municipal para celebrar estas datas tan especiais.

 

As aportacións do empresariado porriñés non se limita a estas datas, pois recentemente se recibiron achegas de empresas como Darlim ou Elecpor que doaron unha gran cantidade de leite e pasta ao banco de alimentos.

 

“A responsabilidade social e co compromiso que demostran os nosos empresarios co seu pobo é eloxiable e estamos enormemente agradecidos de que exista esta sinerxia que tanto beneficia aos porriñeses”, explicou o alcalde, “Traballando da man podemos axudar máis a todos estes veciños que pasan momentos complicados e estou enormemente agradecido de que O Porriño poida contar con eles”.

 

Ambos respresentantes municipais estenderon este agradecemento á sociedade porriñesa que responde a cada unha das peticións de axuda do programa de alimentos. “A solidariedade da veciñanza déixase sentir cada vez que facemos un chamamento”, engadiu o edil, “Como foi o caso da campaña de recollida A Hora de Dar, proposta polos nenos e nenas do Porriño. Recollimos moitísimos produtos de alimentaición e hixiene infantil en todos os coles, a resposta foi impresionante”.

 

O programa municipal de alimentos, SOS Porriño, atende na actualidade a máis de 150 familias, que reciben unha vez ao mes alimentos, con carácter xeral, aínda qu etamén hai achegas a maiores en ocasións destacadas, como estas datas, dependendo da dispoñibilidade de recursos. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.