Viernes, 24 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 22 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda pide revisar as tarifas eléctricas ante o elevado gasto na factura enerxética municipal

Os populares lamentan que o Concello leve máis de dous anos pagando as cifras máis altas do mercado “pola mala xestión, a falla de traballo e a despreocupación polos cartos públicos” do executivo local

O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vai esixirlle ao goberno local, na sesión plenaria celebrada este pasado xoves, que inicie de inmediato a revisión e negociación das tarifas eléctricas ante o desmesurado gasto na factura enerxética no que leva incurrindo o Concello os dous últimos anos.

 

 

O voceiro municipal, Santi Davila, cre que esta situación é preocupante, “xa que Salceda de Caselas leva bastante tempo pagando as cifras eléctricas máis altas do mercado”, apostillando que actualmente as taxas enerxéticas chegan a situarse incluso na metade do que está a pagar o Concello polo alumeado público, o acendido dos edificios municipais e o funcionamento doutros servizos.

 

“Sen dúbida estamos ante unha malísima xestión do goberno e da alcaldesa Dolores Castiñeira, que denota unha absoluta falla de traballo e unha total despreocupación polo coidado e eficiencia dos cartos públicos”, lamentou o concelleiro popular.

 

Por elo, Davila proporá ao pleno que se inste ao goberno municipal a xestionar de inmediato coas empresas subministradoras a aplicación de novas tarifas eléctricas máis baixas e máis acordes aos actuais prezos de mercado, “xa que isto permitiría conter o gasto corrente, que é unha regra básica dun goberno eficaz, e poder adicar este aforro, estes fondos a investimentos e servizos públicos, que é o que máis precisan os salcedenses”.

 


Finalmente, recalcou que esta demanda do PP local “é complementaria” á necesaria renovación e modernización da rede de alumeado por sistemas máis eficientes que se vai emprender con fondos do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), “unha cuestión na que, por certo, imos tarde, xa que esta obra xa se acometeu en decenas de concellos da nosa provincia”.

 

“Temos que intentar aforrar, sen minguar un ápice a calidade do servizo, por dúas vías: mellorando as infraestruturas e conseguindo as tarifas máis baixas e nisto o goberno local de Salceda está, coma sempre, fóra de xogo e chegando absolutamente tarde co conseguinte prexuízo para as arcas municipais”, concluíu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.