Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O PSOE pide a dimisión de Roberto Álvarez por cobrar 4425 euros na súa nómina

A nómina do deputado provincial e alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, rexistrou segundo denuncian dende a oposición o Partido Socialista,  4.425 euros en ingresos da Deputación de Pontevedra pola asistencia aos órganos colexiados, segundo informes oficiais. A denuncia destes pagos "irregulares" foi presentada polo grupo socialista o pasado 5 de febreiro, e a resposta oficial da Deputación inclúe unha resolución asinada polo deputado responsábel da área de Persoal, Jesús Vázquez Almuiña, oito días despois.

 

 

Almuiña viuse na obriga de ordenar a Carrero a devolución de 3.781,69 euros, que corresponde ao líquido ingresado unha vez deducida a retención provisional polo IRPF. Os informes técnicos confirmaron que Carrero recibiu irregularmente 200 euros en setembro, 2.750 euros en outubro e 1.475 euros en novembro por participar en plenos, xuntas de goberno e comisións informativas, ademais de cobrar a mensualidade de 3.956 euros do seu salario como deputado con dedicación exclusiva.

 

O voceiro socialista, Carlos Font, sinala que "a denuncia do PSOE demostra a veracidade dos feitos", indicando que "Carrero cobrou ilegalmente pola asistencia aos órganos colexiados a pesar de contar cunha dedicación absoluta". Font subliña que "o deputado só devolveu os cartos despois da denuncia do PSOE e esixe a dimisión de Carrero e do deputado de Persoal, Vázquez Almuiña, considerando o caso un exemplo de corrupción". O grupo socialista destaca que "a dimisión é necesaria ante a gravidade do silencio de Carrero e cualifica o caso como un erro político que require responsabilidade".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.