Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Viernes, 22 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os axudantes de Papá Noel visitan os coles do Porriño

Antes de regresar a Laponia para entregar as súas cartas a Papá Noel, recibiron os desexos e ilusións de preto de 1300 nenos e nenas porriñeses

As nenas e nenos que cursan ensinanzas de Educación Infantil e Primaria do Porriño están a recibir estes días unha ilusionante visita, a dos axudantes de Papá Noel. Co fin de asegurar que as cartas dos pequenos e pequenas cheguen a tempo ao Polo Norte, a concellería de Educación do Concello do Porriño organizou estas visitas que están a crear a maior das expectacións entre os cativos.

 

Os elfos comezaron o luns a súa andaina no CEIPP Antonio Palacios, CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga, visitando aos máis pequerrechos. Retomaron a súa ruta no CEIPP de Atios, na EI de Mosende, onde chegaron acompañados polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, e Aceesca. Hoxe mércores concluíron as súas visitas no CEIP Cruz Budiño, CEIP da Ribeira e CEIP Fernández López.

 

Antes de regresar a Laponia para entregar as súas cartas, recibiron os desexos e ilusións de preto de 1300 nenos e nenas porriñeses.

 

A concelleira de Educación detallou que “esta actividade forma parte da ampla programación cultural que se deseñou desde o Concello para vivir estas datas tan entrañables coa ilusión e a maxia característica do Nadal, especialmente para a cativada”.

 

O alcalde quixo lembrar a todos os nenos e nenas do Porriño que xa está todo pechado para que Papá Noel se achegue á nosa vila o día 24. Será no Concello do Porriño, de 16h a 18 h e haberá moitas sorpresas para pequenos e maiores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.