DEPORTES
Lete Lasa reclama protagonismo das comunidades autónomas nos fondos de recuperación
Lete Lasa felicita ao novo presidente do Consejo Superior de Deportes e desexa que este cambio reflicta tamén unha nova etapa de maior luz ante as incertezas vividas no pasado e no presente
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou nesta semana na Conferencia Sectorial do Deporte convocada polo Consejo Superior de Deportes na que se tratou, principalmente, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que é a estratexia española para canalizar os fondos destinados por Europa a reparar os danos provocados pola crise da COVID-19 e, a través de reformas e investimentos, construír un futuro más sostible.
Neste sentido tratáronse a distribución territorial e criterios de repartición dos puntos referidos á dixitalización da prescrición da actividade física, a modernización de instalacións deportivas e a promoción da igualdade no deporte. Tamén se estableceron os criterios de reparto da modernización dixital do ecosistema deportivo e a distribución territorial do proxecto ‘Promoción da actividade física e a saúde en zonas despoboadas’.
Lete Lasa amosou a súa preocupación polos prazos a seguir e a présa nos tempos a cumprir nas distintas fases do Plan e solicitou maior rigor no futuro, así como un maior protagonismo das comunidades autónomas na xestión dos fondos do compoñente 26 do Plan de Fomento do sector do Deporte.
Asemade, o mandatario galego puxo o acento na importancia do anteproxecto da Lei de Profesións do Deporte e da estratexia nacional de fomento do deporte contra o sedentarismo e a inactividade física. O secretario xeral para o Deporte urxiu a presentación de ambos os dous proxectos por ser dúas realidades e necesidades do deporte nacional que non se deben demorar máis. Neste sentido, cominou a todo o tecido deporte nacional a traballar co consenso e a colaboración ausentes nos últimos tempos. Neste sentido, Lete Lasa, felicitou ao novo presidente do Consejo Superior de Deportes e desexa que este cambio reflicta tamén unha nova etapa de maior luz ante as incertezas vividas no pasado e no presente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58