PONTEAREAS
O concello resolve a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar
A subvención beneficiará a 163 alumnos e alumnas do municipio
O Concello de Ponteareas resolve a concesión de axudas municipais de apoio ao estudo para o curso 2023/2024. En total, esta medida beneficiará a 163 alumnos e alumnas de diferentes niveis educativos como Infantil, Primaria, Formación Profesional Básica, ciclos formativos e Bacharelato.
Esta axuda do Concello permite ás familias do municipio con ingresos limitados adquirir material escolar e comprar os libros de texto que o alumnado precisa. O concelleiro de Educación, Ricardo González, apunta que o obxectivo é responder ás necesidades dos alumnos e das alumnas da vila, “xa que apostamos pola educación como un dos principais elementos de transformación do noso municipio”.
O edil avanza que “con esta resolución, as contías abonaranse nun breve prazo de tempo” e explica que houbo solicitudes que quedaron fóra desta convocatoria por mor de diferentes motivos como superar o nivel de renda ou non presentar a documentación que se requiría para este tipo de axuda, entre outras cuestións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149