GALICIA
Galicia impulsa o talento feminino e a formación en xestión de equipos
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou esta semana xunto coa secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, no acto co que bota a andar o programa formativo Lideramos, dirixido a impulsar o talento e liderado feminino e a formación específica en xestión de equipos. Alí, puxo de relevo que máis dun cento de mulleres participarán nas distintas actividades que organizará a Xunta de Galicia deica o vindeiro 11 de abril.
Na súa intervención, o secretario xeral destacou que a formación que hoxe comeza estará composta por obradoiros e clases maxistrais en liña para os distintos equipos de traballo e sesións de networking e formación presencial nas catro provincias, co fin de abordar diferentes temáticas e obxectivos de modo transversal. O programa Lideramos céntrase así no fortalecemento de novos perfís profesionais, no desenvolvemento do talento e na formación en competencias brandas -especialmente na área de xestión de equipos-, reforzando o compromiso da Xunta coa igualdade de xénero.
Deste xeito, os obxectivos do proxecto son os de reforzar o liderado feminino e a competencia da xestión executiva en Galicia, co gallo de avanzar no benestar nas empresas. Tamén impulsar a interrelación entre todas as participantes no programa, ofrecendo formación práctica en xestión e liderado e mellorando as capacidades de liderado e comunicación, destacando as fortalezas e talentos individuais.
Así mesmo, promoverase o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal mediante sesións de coaching individualizadas para saber das principais forzas motivadoras dos diferentes equipos, así como para alentalos a seguir progresando.
En definitiva, trátase dun proxecto de fomento do crecemento do talento feminino nos postos directivos de cara á redución da fenda de xénero.
Información do proxecto
A web do programa (www.lideramos.gal) recolle todo o contido do proxecto, así como a ficha de inscrición de cada colectivo e provincia.
Esta web recollerá todas as novidades, eventos e contidos de interese que se xeren durante o transcurso da iniciativa nos diferentes grupos e accións. As persoas interesadas en enviar calquera consulta poderán remitila ao correo electrónico leadership@lideramos.gal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8