Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 07 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López valora as vitorias do PP e o novo proxecto transformador da Deputación como fitos de 2023

O presidente do PP Provincial de Pontevedra salienta o “éxito colectivo” de acadar 25 alcaldías e máis de 400 concelleiros, “que foron fundamentais para recuperar o goberno da Deputación”

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, realizou hoxe un balance da formación no ano recén finalizado e valorou especialmente as dúas “rotundas” vitorias electorais obtidas nos comicios municipais e nacionais e o novo proxecto transformador do organismo provincial como principais fitos de 2023, ao tempo que se fixou como obxectivo, para o presente exercicio, “unha importante contribución” da provincia para que o presidente Alfonso Rueda acade a súa primeira maioría absoluta na cita autonómica do vindeiro 18 de febreiro.

 

López salientou que o pasado ano foi “moi positivo”, especialmente polo “éxito colectivo” que supuxo a consecución, a raíz das eleccións municipais de maio, de 25 alcaldías, da vitoria en 38 concellos e de acadar máis de 400 actas de concelleiros, “o que supón preto do 47% das que se reparten na nosa provincia e que foron fundamentais para recuperar o goberno da Deputación”.

 

Tras destacar o claro triunfo tamén nas elección xerais con máis de dez puntos de diferenza, López resaltou así mesmo o goberno “sólido” do organismo provincial, que acreditou “un cambio de formas” con respecto ao sectarismo do anterior bipartito, “levado á súa máxima expresión no intento de desafiuzamento exprés da sede de Vigo tras a súa derrota electoral”, e tamén de fondo “cunha aposta claramente municipalista”.

 

Neste senso, destacou que as contas provinciais destinan a “cifra máis alta da historia” aos concellos, con 1 de cada 3 euros, o incremento do Plan +Provincia nun 9,5% ata superar os 48 millóns de euros, a sinatura de acordos bilaterais con 36 concellos por 28 millóns de euros, a renovación de convenios específicos para as cidades de Vigo e Pontevedra, a implantación dun Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e a recuperación de grandes eventos deportivos, a dotación dunha partida para a reforma do Estadio de Balaídos oito veces superior á do Concello de Vigo, a reformulación do proxecto do convento de Santa Clara para evitar a destrucción dos seus xardíns e a recuperación da atención ao asociacionismo cos plans Provincia Comunitaria e +Aqua.

 

Luis López tamén destacou, no eido da transparencia, que o presidente da Deputación comparecera novamente no Parlamento galego para informar das contas “tras sete anos de multismo” por parte de Carmela Silva “nunha acción de desprezo institucional” na que nin sequera incurriron os seus compañeiros de partido que presiden outras institucións provinciais e puxo en valor que se informara do “gasto descontrolado do anterior goberno nun contexto claramente electoral” e que se puxera couto a estas prácticas.

 

Finalmente, o presidente provincial anunciou a intensificación do traballo da dirección provincial e das 61 agrupacións locais de Pontevedra para que o Partido Popular volva a ser, de longo, a formación máis respaldada na provincia nas próximas eleccións autonómicas, “aportando o noso gran de area que permita un novo goberno baseado no sentidiño e liderado por Alfonso Rueda fronte ao barullo e as leas habituais do multipartidismo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.