PROVINCIA
A Deputación oferta visitas guiadas e gratuítas á Finca Mouriscade
As visitas, abertas a grupos de ata 35 persoas de centros educativos, asociacións ou outros colectivos, permiten coñecer o laboratorio, a granxa e as terras de cultivo da considerada quinta mellor granxa de España en calidade xenética animal
A Deputación de Pontevedra oferta a centros educativos, asociacións ou outros colectivos, visitas guiadas e gratuítas á Finca Mouriscade de Lalín, a quinta mellor granxa de España en calidade xenética animal segundo o índice combinado ICO. As visitas, que poden formalizarse a través de laboratorio.mouriscade@depo.es, están abertas a grupos de ata 35 persoas e permiten coñecer o laboratorio, a granxa e as terras de cultivo.
A visita á Finca Mouriscade ten un sentido didáctico e formativo e pode formalizarse cunha antelación mínima de 72 horas á data proposta. A través dela pódese coñecer en profundidade o traballo desenvolvido por este centro de referencia en Galicia en canto á análise e investigación avanzada sobre alimentación, enfermidades e xenética dos animais, especialmente das vacas de raza frisoa, que son as máis comúns na provincia de Pontevedra e en Galicia, pero tamén do gando porcino e aves.
A proposta da Deputación para coñecer Mouriscade abrangue visita ao laboratorio, á granxa e ás terras de cultivo. No laboratorio estúdase a calidade dos alimentos e a prevención de enfermidades, así como realízanse análises de auga e xermes. Pola súa banda, na granxa trabállase na mellora xenética do gando a través da transferencia embrionaria, procurando que os gandeiros poidan ter animais máis saudables e produtivos. Ademais, os refugallos que se producen na Finca Mouriscade empréganse na fabricación de enerxía para autoconsumo na planta de biogás.
Finalmente o percorrido contempla unha visita ás terras de cultivo que, cunha superficie de 44 hectáreas, están destinadas na súa maior parte a cultivos de millo, para realizar ensaios de mellora da alimentación do gando así como investigacións sobre os fertilizantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217