GALICIA
Políticas a prol do emprego para o desenvolvemento e a fixación de poboación no rural
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou esta semana o programa de conciliación de Boborás, do que se beneficia alumnado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou nesta semana o concello ourensán de Boborás, onde comprobou de primeira man como funciona o seu programa de conciliación e, deseguido, o obradoiro de emprego que este municipio comparte co Carballiño, Maside e San Amaro, ambas iniciativas apoiadas pola Xunta de Galicia.
No caso da Bolsa de coidados, concilia e lecer, nesta nova edición benefícianse 74 familias (87 nenas e nenos) que estudan no colexio Nosa Señora de Xuvencos. O programa consiste na acollida e garda durante as horas previas á xornada escolar e trala mesma, así como en períodos non lectivos durante a semana de entroido, Semana Santa e vacacións de verán. En palabras da conselleira, trátase dun programa gratuíto, vital para que a veciñanza de Boborás poida conciliar vida persoal, laboral e familiar, contribuíndo a que “siga medrando o noso rural, para fixar poboación e consolidar o crecemento de Galicia”.
Nesa liña, Elena Rivo recordou que precisamente están en prazo de solicitude (ata o próximo 8 de febreiro) os case 11 millóns de euros en axudas convocadas polo Goberno galego para apoiar as entidades locais galegas no impulso da igualdade, no funcionamento dos Centros de Información á Muller (CIM) e para avanzar na conciliación e corresponsabilidade. En concreto, 6 millóns dese importe están destinados a este último propósito.
Carbosam 2023
A titular de Promoción do Emprego e Igualdade sinalou que iniciativas como o programa de conciliación municipal son un claro apoio ao emprego, para que as persoas poidan facer compatible o traballo co resto da súa vida. E precisamente no relativo ao eido laboral, aproveitou a visita para ver como avanza o obradoiro de emprego Carbosam 2023, que Boborás comparte cos concellos veciños do Carballiño, Maside e San Amaro.
Segundo explicou a conselleira, unha vintena de participantes combinan formación coa práctica profesional durante 12 meses, grazas á iniciativa financiada pola Xunta.
O obradoiro está centrado en catro especialidades laborais con demanda, relacionadas co eido forestal e coa construción: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e Operacións auxiliares de revestimentos en construción.
Neste caso, Rivo puxo en valor o que cualificou de ferramentas fundamentais para “dotar á poboación de formación de calidade, ao tempo que se desenvolve un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social”, fortalecendo piares fundamentais da nosa economía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57