Jueves, 05 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 05 de Marzo de 2026 a las 10:02:11 horas

Xornal21.es
Sábado, 20 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño asesora ás persoas interesadas nas axudas á rehabilitación de vivendas en Torneiros

Veñen de publicarse as bases e habilítase un servizo de información e atención personalizada no departamento de Urbanismo

O Concello de Porriño informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) das bases para a concesión de axudas en materia de rehabilitación e vivenda no entorno residencial de Torneiros. Ábrese agora, pois, previamente á solicitude, un período de información e asesoramento para a obtención da documentación necesaria para o cal dende o Concello poñen a disposición da veciñanza interesada un servizo de asesoramento e atención personalizada, que poderá ser de xeito presencial, con cita previa, ou por teléfono, chamando ao 986 335 000, de luns a venres, de 09.00a 14.00 horas.

 


Para este proxecto o Concello do Porriño recibiu un millón de euros, no marco do Programa de axudas para a rehabilitación de contornas residenciais a nivel barrio, que se distribuirán en axudas para impulsar medidas de eficiencia enerxética.


Dentro do ámbito delimitado do proxecto, que comprende 945 vivendas en 81 edificios, programouse inicialmente a rehabilitación dun número estimado de 105 vivendas que ocupan 1,38 hectáreas, repartidas en diferentes bloques. Dese millón de euros, 127.575 euros será destinado á urbanización e mellora da contorna, “que se complementa con outras actuacións que estamos levando a cabo para humanizar a zona”, puntualiza o alcalde Alejandro Lorenzo. A parte restante será para axudas a particulares e/ou comunidades de propietarios destinadas  á mellora de fachadas, mellora de cubertas, incluíndo aquí a eliminación de amianto, e a substitución de ventás e vidros exteriores, empregando carpintería de pvc e vidro eficiente termicamente, todo elo co obxectivo de conseguir un aforro enerxético.


“Deseñamos un proxecto global para a rehabilitación e posta en valor dos polígonos residenciais de Torneiros, un dos principais núcleos de poboación de Porriño”, explica o alcalde, asegurando que “esta aportación dun millón de euros é o primeiro paso que, seguindo nesta mesma liña de traballo, intentaremos se complemente cunha ampliación de fondos, para así atender ás necesidades que poidan presentar as preto de mil vivendas alí asentadas”.


O importe das subvenciones a particulares dependerá do grado de eficiencia enerxética que se alcance coas obras executadas, e pode ser do 40%, do 65% ou do 80% do orzamento, incluso do 100% cando se identifique un caso de vulnerabilidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.