GALICIA
A Xunta destina 30 m€ a unha nova liña para atraer investimentos e empresas potenciando o emprego
Salienta que as achegas van dirixidas a proxectos empresariais “de certa envergadura” polo seu volume de investimento ou por crear un mínimo de 25 postos de traballo a tempo completo
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a posta en marcha dunha nova liña de axudas para pemes coas que “promover proxectos empresariais de certa envergadura” polo volume de investimento ou polos postos de traballo que van crear. “Destinaranse 30 M€ ata 2026 co obxectivo de beneficiar a unha vintena de iniciativas”, dixo o titular do Goberno galego.
A finalidade deste novo programa “é seguir dinamizando a economía e dando un primer empurrón a este tipo de iniciativas”, segundo salientou o presidente.
A convocatoria, tal e como explicou Rueda, inclúe dous campos de actuación. Dun lado, atenderanse aqueles proxectos que conten cun investimento “de entre 800.000 e 10.000.000 de euros” en activos fixos tanxibles e intanxibles, obra civil, bens de equipamento, aplicacións informáticas ou adquisición de activos dun establecemento.
Doutro lado, apoiaranse as iniciativas empresarias de menor investimento, “pero que garantan a creación de 25 empregos indefinidos a tempo completo”.
As achegas cobren ata o 35 % dos investimentos subvencionables ou dos custos salariais de ata 24 meses de todos os novos contratados, no caso das compañías pequenas, e o 25 % nas iniciativas promovidas por empresas medianas.
A liña, dirixida ás pemes pola súa especial capacidade para xerar postos de traballo, busca facilitar así o impulso de proxectos de creación de novos establecementos, de ampliación da capacidade dos existentes e de diversificación ou de cambios dos procesos de produción.
A convocatoria, en concorrencia non competitiva, manterá aberto o prazo de presentación de solicitudes desde o día 22 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2024.
Con este programa innovador a Xunta aspira a favorecer a dinamización da actividade económica en Galicia e potenciar o mantemento e a creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57