GALICIA
Galicia recibirá 25,2 m€ no novo reparto territorial de fondos europeos para as axudas de vivenda
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asistiu esta semana en Madrid á Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo
Galicia recibirá inicialmente unha asignación de 25,2 millóns de euros no novo reparto territorial dos fondos europeos destinados a financiar diferentes liñas de axudas en materia de vivenda que se convocarán este ano.
Tras asistir esta semana á Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo que se celebrou en Madrid, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que a Xunta está de acordo coa distribución entre as comunidades acordada hoxe pero emprazou ao Goberno central a facer “un esforzo” e incrementar os fondos destinados a este eido.
Neste sentido, xustificou a súa solicitude de maior financiamento en que o Executivo galego “fixo os deberes” e cumpriu “con creces” os obxectivos marcados polo Ministerio no caso de Galicia con relación aos programas para actuacións a nivel de edificio e a nivel de vivenda convocados nos anos 2022 e 2023.
En concreto e segundo os criterios acordados para poder acceder ao futuro reparto de fondos europeos, o número de axudas resoltas nas dúas anualidades anteriores debía superar o 75% do obxectivo previsto, é dicir, chegar a un mínimo de 7.014 vivendas beneficiadas.
No caso de Galicia, tal e como salientou a vicepresidenta, este fito acadouse sobradamente xa que en 2022 e 2023 a Xunta concedeu subvencións para rehabilitar enerxeticamente un total de 10.015 vivendas só a través destes dous programas.
Así, reivindicou que para poder chegar e atender todas as solicitudes de subvención para rehabilitación no eido residencial recibidas ata o momento na Comunidade, a Xunta estima que serían necesarios 140 millóns de euros, polo que os 25,2 millóns que lle corresponderán a Galicia para este ano son “insuficientes”.
Por iso e tras incidir en que parte dos fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia “están aínda sen executar”, tanto en materia de vivenda como noutros ámbitos, Ángeles Vázquez insistiu na necesidade de que as comunidades que están cumprindo cos obxectivos e facendo un esforzo orzamentario notable —cunha partida de 170 millóns de euros reservada este ano á vivenda nas contas da Xunta — poidan dispoñer de máis fondos para atender o maior número de solicitudes posible.
Así mesmo, a vicepresidenta aproveitou a Conferencia Sectorial para pedirlle tamén á nova ministra de Vivenda e Axenda Urbana que axilice na medida do posible a transferencia efectiva do reparto de fondos ás comunidades, recordando que os tempos para facer as convocatorias de axudas de 2024 son moi xustos e se corre o risco de non chegar a tempo para cumprir cos obxectivos de execución fixados pola UE para 2026.
Por último, pediu tamén á ministra que aclare os “anuncios” realizados polo Goberno central respecto da posta á disposición das comunidades autónomas de vivendas propiedade da Sareb e a explicar a razón pola que Galicia foi excluída do programa Viena.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57