Galicia
Besteiro reivindica unha Galicia “viva e verde”
O candidato á Presidencia da Xunta empraza aos galegos e galegas a “espertar” e apoiar o cambio no goberno fronte a un Rueda que “pasou do nerviosismo ao medo” e por iso “elude os debates” electorais
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe unha Galicia “viva e verde” e cun “mar azul cheo de vida”, que estea libre do “gris de Rueda” e as súas mentira, que demostrou coa xestión da crise dos pélets. Besteiro interveu con Pedro Sánchez na clausura da Convención Política que celebrou o PSOE esta fin de semana na Coruña e antes de saír a participar na manifestación contra a xestión do goberno galego que se celebrou en Santiago.
O candidato socialista explicou a súa saída acelerada do encontro da Coruña para estar a tempo “coa xente do mar que nos pediu que os apoiemos” na concentración de hoxe. Amosou que “para min Galicia é o primeiro”, e lembrou que “renunciei a todo por Galicia e hoxe teño e quero estar coas persoas que o están a pasar mal no meu país”, aludindo á renuncia a formar parte do goberno para presentarse como candidato á Xunta.
Gómez Besteiro quixo amosar o seu apoio aos pescadores, mariscadoras, ecoloxistas e biólogas que convocan a manifestación logo dun ano “especialmente difícil” para o sector, e apoiar tamén aos concellos “abandonados á súa sorte” nesta crise polo goberno galego. Afeoulle a Rueda que tardara “un mes” en baixar á praia, e lembrou que na anterior crise do Prestige “botáramos as mans á cabeza” cando Fraga se agochara “8 días”.
Reivindicou dende A Coruña primeiro e despois dende Santiago “unha Galicia libre de mentiras” da xestión do PP que amosou a crise dos pélets, e que representa o “problema sistémico” dun goberno no que “non hai xestión, non hai proxecto, non hai futuro, pero hai mentiras”. Chamou a “limpar” Galicia “da inacción, a soberbia e a mentira” do PP nas propias eleccións autonómicas

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57