Galicia
Ana Pontón quere facilitar o acceso a un aluguer mobilizando vivenda baleira
A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, avanzou algunhas das medidas que un goberno liderado polo BNG porá en marcha para facilitar o acceso á vivenda, unha prioridade do executivo que aspira a presidir e un “dereito fundamental” que en Galiza, advertiu, “non se cumpre para unha parte moi importante da cidadanía”.
A proposta defendida pola candidata nacionalista pasa, en primeiro termo, por desenvolver un Plan de Mobilización de vivenda baleira, mediante o que a Xunta compre vivenda e a poña a disposición dos galegos e as galegas en réxime de alugueiro, tendo en conta que nestes momentos hai 500.000 vivendas baleiras, das que 90.000 están concentradas nas grandes cidades.
En segundo lugar, e co mesmo obxectivo de mobilizar esta parte do parque residencial, Pontón avanzou tamén o impulso dunha lei para gravar cun imposto aos grandes propietarios como a banca, os fondos de investimento ou as grandes empresas que acumulan un volume moi importante de vivenda no País e que alcanza os 15.000 inmobles, segundo distintos estudos.
Esta nova taxa, que en ningún caso afectará aos propietarios particulares e que xa se aplica en distintos países europeos e noutros territorios do Estado, permitiría ademais obter 40 millóns de euros adicionais ao longo da lexislatura que o Goberno liderado polo BNG destinaría a recuperar as políticas públicas de vivenda “dinamitadas polo PP nos últimos 15 anos".
Por último, Pontón tamén comprometeu “máis recursos” para a construción de vivenda pública, consciente, iso si, de que é unha política pública “máis a longo prazo”. Neste sentido, avanzou unha modificación legal para blindar por lei que toda a vivenda pública que se vai construír no País se dedique ao alugueiro.
Segundo explicou a líder nacionalista logo do encontro que mantivo coa directiva do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, estas medidas permitirían no horizonte de 2040 elevar ao 5% o parque galego de vivenda pública, situado actualmente só no 0,3% mentres no conxunto do Estado está no 1,1%, moi por debaixo tamén doutros países europeos como Países Baixos (29%), Escocia, Irlanda e Austria (24% nos tres casos) ou Inglaterra (17%), por poñer algúns exemplos.
“Se obteño a confianza dos galegos e das galegas, vou facer da política social de vivenda unha prioridade”, anunciou, porque “necesitamos que as persoas poidan desenvolver o seu proxecto de vida e para iso é básico poder acceder a unha vivenda”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57