Jueves, 05 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 05 de Marzo de 2026 a las 10:02:11 horas

Xornal21.es
Martes, 23 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Escolares do Porriño coñecen o seu concello a través da lingua

Preto de 400 nenos e nenas dos centros educativos do municipio visitarán estes días a Casa Consistorial para coñecer un pouco máis o seu funcionamento á vez que se dinamiza a lingua e a cultura galegas

Escolares do CEIP Xosé Fernández López, CEIPP Antonio Palacios e CPR Hermanos Quiroga inauguraron hoxe as visitas guiadas á Casa Consistorial nas que participarán preto de 400 cativos/as do Porriño.  

 

 

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX organizan esta actividade en colaboración cos centros educativos co obxectivo de que o alumnado coñeza un pouco máis o funcionamento da Casa Consistorial, á vez que se dinamiza a lingua e cultura galegas. A técnica de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, Andrea González, será nesta ocasión a encargada de guiar o alumnado polo edificio do Concello para dar a coñecer a súa historia, as distintas salas e espazos, o organigrama dos departamentos en que se organiza e, ao cabo, o seu funcionamento interno. O emprego de léxico administrativo galego, así como o desenvolvemento dun pequeño glosario galego-castelán de termos cotiáns dun concello, fan que as visitas guiadas deste ano teñan a lingua galega como o elemento catalizador. Deste xeito, as nenas e nenos do Porriño percorrerán os corredores das dependencias municipais, entrarán no salón de plenos, na alcaldía ou no balcón dende o que tradicionalmente se pregoa o inicio do Entroido, das festas do Cristo…, á vez que coñecen a importancia da lingua nunha Administración pública e o funcionamento do Servizo de Normalización Lingüística.

 

A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Carolina González, explicou que con esta iniciativa de portas abertas dirixida aos/ás escolares do municipio “pretendemos darlles a coñecer en profundidade o Concello para que tomen conciencia da importancia de participar na vida municipal, á vez que dinamizamos o uso da lingua galega nun grupo de idade que non adoita usala  miúdo”.

 

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, aproveitou a visita para preguntar aos/ás pequenos/as polas súas demandas e impresións, e tamén para contestar ás súas dúbidas sobre como funciona o Concello. “É un luxo recibilos e escoitalos, as súas propostas, a súa opinión sobre o que pasa no seu pobo e o que queren para el é e debe ser moi importante”, explicou o rexedor, “Son parte moi importante do Porriño, o seu futuro, e deben ser parte activa, na maior medida posible, da vida municipal”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.