GALICIA
Rueda destaca que a oficina móbil de atención a emigrantes permite achegar información en calquera punto da comunidade
O presidente da Xunta visitou este servizo durante a súa estancia no concello de Chantada
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a Oficina móbil de atención a emigrantes retornados permite achegar información e asesoramento sobre o retorno a calquera punto da comunidade. “Retornar é un dereito pero somos conscientes de que non é fácil e que se precisa apoio despois de tomar esta decisión valente para poder integrarse e sentirse a gusto desde o primeiro día na que sempre foi a súa terra”, indicou Rueda.
Durante unha visita á oficina móbil ao seu paso polo concello de Chantada (Lugo), Rueda salientou que o obxectivo desta iniciativa é garantir que ningún retornado quede sen apoio por ter dificultades para desprazarse ata a cidade. Deste xeito, a Oficina percorre o rural galego para resolver calquera tipo de dúbida sobre trámites, cuestións tributarias, sobre o sistema educativo ou a vivenda así como para ofrecer asesoramento e orientación laboral personalizada. Un servizo que vén completar o que xa ofrecen as sedes físicas da oficina en Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo e Ourense
Rueda resaltou que favorecer o retorno é clave para o futuro de Galicia xa que mais aló do dereito que teñen os galegos no exterior a regresar a súa terra, este colectivo é fundamental para afrontar o reto demográfico e seguir facendo da comunidade unha terra de oportunidades, cada vez máis competitiva. Nesta liña, instou a non esquecer que “moitos dos antepasados dos que agora retornan” e que no seu día tiveron que emigrar sen “deixar nunca de sentirse galegos” son os que “axudaron a construír a Galicia das oportunidades” que temos hoxe en día.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57