Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 27 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Mentes Novas, consegue representación no Consello Estatal da Infancia e da Adolescencia

A integrante seleccionada trasladará ás administracións públicas as inquedanzas dos nenos e das nenas da vila

O grupo de participación xuvenil do Concello, Mentes Novas, consegue representación no Consello Estatal da Infancia e da Adolescencia. Unha das súas integrantes, Uxía, obtivo a valoración positiva dun xurado formado por traballadores do sector público e de entidades cuxa actividade céntrase no desenvolvemento dos dereitos da infancia e incorporarase a este órgano permanente de consulta. O ente está adscrito ao Ministerio de Infancia e Xuventude.

 

 

Deste xeito, Uxía trasladará ás administracións públicas as inquedanzas da mocidade da vila. O obxectivo é que se teñen en conta á hora de redactar e elaborar as leis. Para iso, participará activamente nas asembleas deste organismo dependente do Goberno central durante un período de, como mínimo, dous anos, que poderá renovar ata completar un total de catro.

 

O concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, indica que “coa incorporación de Uxía a este Consello, Ponteareas é un dos municipios que conta con representación neste eido a nivel local, autonómico e estatal”. O edil apuntou que “estamos orgullosos da nosa mocidade que demostra, día a día, a súa implicación na vida pública”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.